As xornadas 'O mar en terra' reivindican o patrimonio marítimo

O programa botará a andar o sábado pola mañá ás 11.30 horas coa inauguración da exposición O mar na obra gráfica de Xosé Conde Corbal.
Gravado de Conde Corbal.
photo_camera Gravado de Conde Corbal.

O sábado 4 e o domingo 5 de maio terá lugar no lugar de Torreboredo, na Estrada (Terra de Montes), a Feira do Mar en Terra, que quere mostrar e revalorizar o patrimonio marítimo nas súas diferentes vertentes.

O programa botará a andar o sábado pola mañá ás 11.30 horas coa inauguración da exposición O mar na obra gráfica de Xosé Conde Corbal. Ás 12 horas haberá a presentación da revista Nova Ardentía, de cultura marítima e fluvial, con Manuel Lara, Rosa Otero e Emilio Ínsua.

Ínsua protagonizará media hora máis tarde a Homenaxe a Luis Rei. Farol perpetuo na néboa, e ás 13.30 terá lugar a presentación de Patasdepeixe, a editora anfibia, cun contacontos a cargo de Laura Parrula, autora do libro Monstr3s.

Xa pola tarde, ás 16.30 horas, proxectarase o documental O Novo Emden, e un hora máis tarde, ás 17.30, terán lugar as Conversas no eitón coa intervencións dos irmáns Manuel e Miguel Eduardo Parada, Uxío Allo, Anxo Angueira e Xosé Iglesias, o "poeta do mar".

O peche á xornada poñerano as actuacións musicais de Grupo de Tazas ás 20 horas, de Grupo Recanto de Ouzande ás 21.30 horas, e de Manolo Bacalhau ás 22 horas.

O domingo comezará cunha presentación sobre a cultura e o patrimonio da vila mariñeira de Rianxo a cargo do presidente de Apatrigal, Carlos Henrique Fernández Coto, e a antropóloga Josefa Martínez.

Seguiranos o Grupo de Gaiteir@s de Barbude cunha actuación musical ás 13 horas. A seguir, tamén tocarán Os Rebolos de Terreboredo e as Lilainas de Nigoi. Finalmente, ás 17 horas haberá un taller familiar no que se realizará unha estampación dunha libreta con sellos da man de Sandra de Amorote.

Por último, para xantar haberá polbería e opcións vexetarianas na Reboleta Namoreira. 

Comentarios