"Os chineses son todos iguais": as polémicas palabras dunha ministra arxentina

As declaracións da ministra de Relacións Exteriores da Arxentina causaron gran repercusión nas redes sociais, que se encheron de críticas e sátiras contra a representante do Goberno de Javier Milei.
A ministra de Relacións Exteriores de Arxentina, Diana Mondino (Foto: José Cruz / Agencia Brazil / DPA vía Europa Press).
photo_camera A ministra de Relacións Exteriores de Arxentina, Diana Mondino (Foto: José Cruz / Agencia Brazil / DPA vía Europa Press).

A ministra de Relacións Exteriores de Arxentina, Diana Mondino, volveu converterse esta sexta feira en tendencia nas redes sociais tras asegurar que non pode distinguir ás persoas orientais unhas das outras porque, para ela, "os chineses son todos iguais".

A representante do Goberno de Javier Milei iniciou esta semana a súa axenda de actividades na China coa participación no foro Arxentina Business and Investment Summit na cidade de Shanghái, dedicado á promoción comercial e á atracción de investimentos.

De regreso, fixo unha parada en París, onde foi entrevistada polo diario Clarín para falar dos resultados do encontro. En particular, preguntóuselle pola estación espacial chinesa na cidade de Neuquén.

Mondino asegurou que Arxentina formará equipos para usar periodicamente as bases porque os contratos asinados polo Estado arxentino así o permiten. Con todo, a chanceler dixo non saber se hai militares chineses nelas.

Forte reacción nas redes sociais

"Os que foron de investigación non identificaron que houbese persoal militar. Son chineses, son todos iguais", afirmou. As declaracións de Mondino causaron gran repercusión nas redes sociais, que se encheron de críticas e sátiras contra a ministra arxentina.

Comentarios