A Feira do Viño de Vilachá pon en valor a viticultura tradicional do Brollón

A parroquia de Vilachá de Salvadur na Pobra do Brollón (Terra de Lemos) acolle desde hoxe,  3 de maio, ao domingo, 5 de maio, a XXXI edición da súa Feira do Viño. Trátase dun evento singular dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que usa coma escenario o conxunto de adegas medievais da Abelaira, as máis antigas da Galiza e de todo Estado, e prima a tradición e a artesanía dos colleiteiros fronte ao carácter máis profesionalizado e comercial das adegas.
Restauración de adegas medievais na parroquia de Vilachá, na Pobra do Brollón (Foto: Nós Diario).
photo_camera Restauración de adegas medievais na parroquia de Vilachá, na Pobra do Brollón (Foto: Nós Diario).
Comentarios