Estimado o recurso da CIG contra o grupo ONCE: o TSXG anula o calendario laboral de Ilunion

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion -centro especial de emprego do grupo ONCE- nas compañías da automoción Stellantis (Vigo), Benteler (Mos e Valadares) e Lear (Valadares) ao "incumprir" o convenio autonómico e estatal do sector.
Edificio do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (Foto: Europa Press).
photo_camera Edificio do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (Foto: Europa Press).

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion -centro especial de emprego do grupo ONCE- nas compañías da automoción Stellantis (Vigo), Benteler (Mos e Valadares) e Lear (Valadares) ao "incumprir" o convenio autonómico e estatal do sector.

Segundo informou a CIG, a dirección de Ilunion "impuñalle" ao seu persoal as vacacións de Stellantis, "vulnerando" os convenios colectivos que estabelecen que se deberán repartir como máximo en dous períodos distintos de 16 días de duración, un deles a gozar durante o verán, mais a empresa "obrigaba a coller unha semana en decembro".

En consecuencia, os delegados e delegadas sindicais da CIG presentaron unha denuncia perante o xulgado do Social de Vigo que deu a razón á empresa. Porén, o TSXG estimou o recurso da central sindical e anulou os calendarios laborais.

"Constantes incumprimentos"

Para a CIG a decisión xudicial "demostra unha vez máis" os "constantes incumprimentos" en materia laboral que os traballadores e as traballadoras de Ilunion "levan anos denunciando". Contra a sentenza do Alto Tribunal galego poderanse presentar recursos de casación ante o Tribunal Supremo.

Comentarios