Antón Cortizas Amado
Antón Cortizas Amado

"O Diario Galego sería un feito de normalidade para a nosa existencia como país"

ANTÓN CORTIZAS AMADO, MESTRE E ESCRITOR DE LITERATURA INFANTIL

Antón Cortizas Amado
Antón Cortizas Amado

Antón Cortizas, mestre e escritor, expresa o seu desexo de que O Diario Galego destaque pola súa veracidade, rigor e profesionalidade.

"O Diario Galego sería un feito de normalidade para a nosa existencia como país"
"O Diario Galego sería un feito de normalidade para a nosa existencia como país"

Que esperas de O Diario Galego?

 

Duración e contaxio. Sería un feito de normalidade para a nosa existencia como país. É o máis normal ter medios de comunicación no idioma que nós inventamos.

 

Por que é necesario?

 

É imprescindíbel. A nosa maior particularidade é o idioma, e dentro del, a comunicación a través do mesmo: das noticias, do arredor, do que está pasando. Paréceme de pura necesidade e sentido común ter un medio na nosa lingua. Espero tamén que sexa un diario que destaque pola súa veracidade, rigor e profesionalidade, e sobre todo, que non estea vendido a ninguén.

 

Que pegada podería ter no ensino e na creación literaria?

 

Como toda prensa, terá un apartado dedicado á cultura e polo tanto, será divulgador da parte literaria. Haberá xente que con grande mestría na man escriba columnas e outras pezas, converténdoo nun escaparate máis para manifestar a nosa literatura e a nosa maneira de escribir. Espero que estea cheo desas palabras lindas e harmoniosas da literatura como divulgadora da mesma.

 

[Para facer de O Diario Galego unha realidade, necesitamos sumar 3 mil subscricións. Podes sumarte nesta ligazón]