Imaxe do acto de Soutomaior
Imaxe do acto de Soutomaior

Bueu e As Neves acollen presentacións de O Diario Galego

ESTA QUINTA, DÍA 31

Imaxe do acto de Soutomaior
Imaxe do acto de Soutomaior

As presentacións de O Diario Galego continúan a percorrer todo o país. Após A Coruña, Soutomaior e Arzúa é a quenda de Bueu e das Neves.

Bueu e As Neves acollen presentacións de O Diario Galego
Bueu e As Neves acollen presentacións de O Diario Galego

Esta quinta, 31 de maio, terán lugar dúas novas presentacións de O Diario Galego. Terán lugar en Bueu e nas Neves. Convocado pola Asociación para o Debate Ricardo Buceta, o acto de Bueu comezará ás 20.30h na Sala Amalia Domínguez Búa (Eduardo Vincenti, 2) e contará coas intervencións de Tere Barro, vicepresidenta da asociación; Fernando Miranda, libreiro e activista cultural, e Xoán Colazo, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.

 

A presentación das Neves, organizada pola Concellaría de Cultura das Neves, encetará ás 21h no Centro de Interpretación da Taboexa. Intervirán o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e Marga Romero, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.