Xose Ramon Freixeiro
Xose Ramon Freixeiro

"Un diario é fundamental á hora de consolidar un modelo de galego auténtico e de calidade"

XOSÉ RAMÓN FREIXEIRO MATO, PROFESOR DA UDC

Xose Ramon Freixeiro
Xose Ramon Freixeiro

Conversamos con Xosé Ramón Freixeiro Mato, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na UDC e autor de diversos artigos sobre lingua e estilo dentro da produción literaria galega, ao redor da posta en marcha do proxecto para a saída de O Diario Galego.

"Un diario é fundamental á hora de consolidar un modelo de galego auténtico e de calidade"
"Un diario é fundamental á hora de consolidar un modelo de galego auténtico e de calidade"

Que esperas de O Diario Galego?

 

Que non oculte a realidade do país, que estea ao seu servizo e non ao de intereses alleos, que dea información veraz e non manipulada, sen depender dos poderes nin dos grupos máis mediáticos. Espero que sexa a voz desa Galiza renovada que acredita a súa propia forza sen buscar apoios exteriores.

 

Por que é necesario?

 

Para dar voz a unha Galiza auténtica e consciente, que hoxe os grandes medios silencian. Para defender o país e os seus sectores produtivos. Para visibilizar a nosa lingua e a nosa cultura. Para que a xente reciba información libre de intereses.

 

Que importancia terá O Diario Galego no ámbito lingüístico e cultural?

 

Unha publicación diaria en galego achegará prestixio e dignificación á lingua tanto a nivel local como cara ao exterior. É un factor fundamental á hora de consolidar un modelo de galego auténtico e de calidade. Un galego fiel ás súas propias raíces, descastelanizado e converxente coas outras variedades do sistema lingüístico ao que o galego pertence.

 

No eido cultural precísase potenciar, visibilizar e publicitar a produción cultural galega nos seus diferentes xéneros: narrativa, ensaio, poesía, teatro, cinema, música, etc. Temos unha rica actividade cultural que ás veces fica invisíbel.

 

[Podes subscribirte a O DIARIO GALEGO nesta ligazón. Precisamos tres mil asinantes para o facer posíbel]