Alfredo Suárez Canal
Alfredo Suárez Canal

"O diario abrirá un horizonte de pluralismo que hoxe fai máis falta que nunca"

ALFREDO SUÁREZ CANAL, EX CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL

Alfredo Suárez Canal
Alfredo Suárez Canal

O ex conselleiro de Medio Rural no goberno bipartito, Alfredo Suárez Canal, afirma que "ter un xornal en galego sería imprescindíbel no proceso de normalización da lingua galega, pero tamén na normalización de Galiza como suxeito político de dereitos colectivos".

"O diario abrirá un horizonte de pluralismo que hoxe fai máis falta que nunca"
"O diario abrirá un horizonte de pluralismo que hoxe fai máis falta que nunca"

Que esperas de Sermos O Diario Galego?

 

Espero que sexa o intento definitivo de que na Galiza exista un xornal diario en galego. Houbo outros intentos e ao final non puido ser. Eu penso que este ten que ser o intento definitivo e é o que máis espero. Que por fin teñamos un diario xornal en galego é a maior ilusión que haxa.

 

Por que é necesario?

 

Ter un xornal en galego representaría unha etapa necesaria e imprescindíbel no proceso de normalización da lingua galega, pero tamén na normalización de Galiza como suxeito político de dereitos colectivos. Sería fundamental que se consolidara un xornal diario en galego que tivera a Galiza como epicentro da súa actividade, das súas noticias, da súas informacións e das súas opinións.

 

Que importancia podería ter a saída deste diario á hora de reflectir de forma xusta a pluralidade política galega?

 

Sería unha achega de hixiene democrática única. As grandes liñas editoriais que funcionan a nivel xornal diario na Galiza e no Estado teñen, ao menos nalgúns temas, un auténtico pensamento único, unha uniformidade total no seu posicionamento. Mesmo por hixiene democrática, é preciso que haxa un xornal cunha perspectiva distinta, que aporte pluralismo e que dea outra visión do mundo. As grandes liñas editoriais funcionan como auténticos cárceres de papel en certos temas, cun pensamento practicamente monolítico en todo o que ten que ver coa configuración do estado e do modelo económico e social. Supoño e estou seguro que Sermos Diario Galego abrirá un horizonte de pluralismo que hoxe fai máis falta que nunca.

 

[Para facer de Sermos O Diario Galego unha realidade, necesitamos sumar 3 mil subscricións antes do 31 de xullo. Podes sumarte nesta ligazón]