Redacción de Sermos Galiza
Redacción de Sermos Galiza

'O Diario Galego', a cabeceira que nace do impulso social

Redacción de Sermos Galiza
Redacción de Sermos Galiza

Publicamos as 175 persoas, a título individual e colectivo, que pulan polo lanzamento do novo xornal, que verá a luz en 2019 co nome O diario galego.

'O Diario Galego', a cabeceira que nace do impulso social
'O Diario Galego', a cabeceira que nace do impulso social

O pasado 24 de novembro Sermos Galiza S. A. fixo público, por medio dun comunicado, a vontade de pór en marcha para 2019 un xornal diario en papel. Manifestamos alí a vontade de levantar este proxecto sobre o marco da pluralidade e do diálogo entre Sermos Galiza S. A. e todas as asociacións e organizacións colectivas que confían nas capacidades dunha Galiza real, na certeza de que esta iniciativa ten que abranxer e ser participada por todas as persoas que conforman a nosa base leitora, a actual e a futura. É así como queremos construír este diario de intereses galegos, profesional e colaborativo, que ofreza información e análise con rigor e perspectiva propia ao servizo, sempre, do pobo galego.

 

A ese proceso de diálogo queremos agora pórlle nomes e apelidos, rostros. Da pluralidade de enfoques e apoios dos que xorde o proxecto dan conta 175 persoas que a título individual ou en representación dunha sociedade ou empresa, acreditan na necesidade e na posibilidade dun proxecto como este. Precisamente, o nome da cabeceira, O diario galego, é froito dos contactos con este grupo promotor.

 

O nome da cabeceira, 'O diario galego', é froito dos contactos con este grupo promotor de 175 persoas

 

O sábado 27 de xaneiro presentaremos publicamente as liñas básicas dun proxecto que se concretará no diario, sen que isto signifique a desaparición do semanario Sermos Galiza. Durante seis meses divulgaremos a iniciativa na seguranza de lograrmos os obxectivos previstos.

 

Xosé Abilleira Sanmartín, presidente da A. C. Maio Longo de Pontevedra

 

Carme Adán Villamarín, profesora de Filosofía

 

Marilar Aleixandre, escritora e profesora na USC

 

Fran Alonso, escritor

 

Henrique Alvarellos Casas, director de Alvarellos Editora

 

Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro

 

Laureano Xoaquín Araúxo Cardalda, tradutor e analista político

 

Celia Armas García, vicepresidenta da Fundación Vía Galego

 

Xosé Ballesteros Rei, director xeral de Kalandraka Editora

 

Nemesio Barxa, avogado e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.

 

Miguel Anxo Bastos Boubeta, profesor da USC

 

Tino Baz, músico e cantautor

 

Justo Beramendi, catedrático emérito da USC

 

Alberte Blanco Casal, ensinante e escritor

 

Alfonso Blanco Torrado, coordenador da A. C. Xermolos de Guitiriz

 

Manuel Bragado Rodríguez, director xeral de Edicións Xerais

 

María Xosé Bravo Sanjosé, presidenta de A. C. Alexandre Bóveda da Coruña

 

Quico Cadaval, actor e director de teatro

 

Xerome Calero Prado, actor e director de teatro

 

Carlos Callón, profesor e escritor

 

Marica Campo, escritora

 

Comba Campoi, investigadora e promotora cultural 

 

Xaquín Campo Freire, sacerdote obreiro. Voluntario no cárcere. Escritor.

 

Paula Carballeira, actriz e narradora

 

Pablo Carracedo (Jasper), cantante

 

Lucía Carreira Pérez, presidenta da A. Cultural e Musical Solfa de Compostela

 

Paulo Carril, secretario xeral da CIG

 

Fina Casalderrey, mestra e escritora

 

María Casar, presidenta da A. C. Ergueitos de Sarria

 

Andrés Castro, crítico de cinema

 

Francisco Castro, director da Editorial Galaxia e escritor

 

Nicolasa Castro, profesora de Lingua e Literatura e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.

 

Paula Castro, xornalista

 

Ricardo Castro, secretario xeral da CUT

 

Elvira Cienfuegos, ensinante

 

Jorge Coira Nieto, guionista e director de cinema

 

Xoán Colazo, membro do Consello Administración de Sermos Galiza S. A.

 

Gonzalo Constenla Bergueiro, escritor, director da EOI de Santiago e profesor da UVIGO

 

José Alberte Corral Iglesias, escritor e presidente da A. C. O  Facho da Coruña

 

María Luz Corral Uzal, bibliotecaria en Oleiros

 

Anxa Correa, Rinoceronte Editora

 

Antón Cortizas Amado, escritor

 

David Cortizo Conde, responsábel editorial de Urco Editora

 

Xoán Costa Casas, presidente-conselleiro delegado do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.

 

Ledicia Costas, escritora

 

Xosé Henrique Costas González, director de Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVIGO

 

Manuel Da Cal, agrarista e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.

 

Kiko Da Silva, director de Retranca Editora e da Escola Profesional de Banda Deseñada de Galicia

 

Henrique Dacosta, escritor e profesor 

 

Marta Dacosta, escritora e profesora

 

Concha De la Fuente, produtora na  Radio Galega

 

Xosé Díaz Díaz, economista

 

Lois Diéguez, escritor

 

Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, historiador e presidente Fundación Alexandre Bóveda

 

Afonso Eiré, xornalista e presidente da Fundación A Nosa Terra

 

Rosa Enriquez, profesora e escritora

 

Xosé Ramón Ermida Meilán, investigador e memorialista

 

Mercedes Espiño Amil, dinamizadora cultural e profesora

 

Xosé Estévez, historiador e profesor na Universidade de Deusto

 

Soledad Felloza, actriz, contacontos e fotógrafa

 

Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e escritor

 

Eliseo Fernández, historiador

 

Dores Fernández Abel, profesora e presidenta da A. C. Francisco Lanza de Ribadeo

 

Xoán Ramón Fernández Pacios, presidente da A. C. A Pomba do Arco de Foz

 

Xela Fernández Veloso, traballadora no SERGAS

 

Víctor Ferreira, traballador das artes gráficas

 

Manuel Ferreiro, investigador e profesor da UDC

 

Pura Ferreño Saia, enxeñeira agrónoma

 

Adela Figueroa Panisse, bióloga, escritora e presidenta da Fundación Eira da Xoana

 

Iria Figueroa Torres, estudante de xornalismo e activista estudantil

 

Xosé Ramón Freixeiro Mato, investigador, profesor da UDC e coordenador da Sección Departamental de Galego-Portugués

 

Manuel Gago Mariño, xornalista e profesor na USC

 

Guadi Galego, música e cantante

 

Elena Gallego Abad, escritora e representante do Colexio de Xornalistas en Pontevedra

 

Amelia Garcia Herbella, xornalista na Radio Galega

 

María Pilar García Negro, profesora da UDC, escritora e presidenta da Federación Galiza Cultura

 

María do Carme García Negro, profesora Ad Honorem da USC

 

Xoán Carlos Garrido Couceiro, escritor e  profesor de Filosofía

 

Saleta Goi García, presidenta da Fundación Manuel María

 

Xosé Lois González 
(O Carrabouxo), 
caricaturista e humorista gráfico 

 

Manuel González Moreira, médico de Atención Primaria e membro de SOS Sanidade Pública Vigo

 

Anxa González Refoxo, profesora, guionista e vicepresidenta da AS-PG

 

Sara Horta, produtora de cinema

 

Bieito Iglesias, escritor e profesor 

 

Andrea Jamardo Seijo, editora e responsábel de comunicación

 

Cipriano Jiménez Casas, psiquiatra

 

Francisco Jorquera, presidente da Fundación Galiza Sempre

 

Fernando Lacaci, presidente de ANPAS de  Compostela e vicepresidente de ANPAS Galegas

 

Leandro Lamas, pintor e ilustrador

 

Margarita Ledo Andión, escritora, investigadora e cineasta

 

Rubén Lois, profesor da USC e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.

 

María  López Alejos, activista sindical

 

Joám López Facal, economista

 

Edelmiro López Iglesias, profesor de Economía Aplicada na USC

 

Antón López Rivas (O Mago Antón), mago e ilusionista

 

Inma López Silva, escritora e crítica teatral

 

Belén López Vázquez, directora de Baía Edicións

 

Antón Lopo, poeta e editor de Chan da Pólvora

 

Antón Losada, profesor titular da USC e escritor

 

Anxo Louzao, profesor e sindicalista

 

Marcos Maceira, historiador e presidente  da  Mesa pola Normalización Língüística

 

Bernardo Máiz Vázquez, historiador 

 

Pilar Martínez, experta en comunicación

 

Cruz Martínez Vilas, presidenta da 
A. C. O Castro de Vigo

 

Manuel Martínez Vilas, deseñador

 

Luís Martínez-Risco Daviña, presidente da Fundación Vicente Risco

 

Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao

 

Manuel Mera, sindicalista e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.

 

Alberte Mera García, secretario da Fundación Terra e Tempo

 

Francisco Miranda, membro do consello de Administración de Sermos Galiza S. A.

 

Henrique Monteagudo, sociolingüista e profesor da USC

 

José Martinho Monteiro-Santalha, lingüísta e profesor da UVIGO

 

Xan Muras, fotógrafo e deseñador gráfico

 

Tareixa Navaza, xornalista

 

Pilar Neira Martínez, adestradora de fútbol

 

Camilo Nogueira, economista e historiador

 

O leo i arremecághona, cantautor

 

Antonio Oca Fernández, enxeñeiro técnico agrícola

 

Antía Otero, codirectora de Apiario e escritora

 

David Otero, profesor e escritor

 

María do Pilar Patiño Peña, presidenta da Asociación Lingüístico Cultural Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrol 

 

Manuel Pazos, memorialista e presidente da A. C. Obradoiro da História de Ordes

 

Ugia Pedreira, cantante

 

Dionisio Pereira, historiador

 

Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes

 

Xosé Manuel Pereiro, xornalista

 

María Antonia Pérez, profesora da UDC e presidenta da A. C. O Galo de Compostela

 

Vitorino Pérez, teólogo e filósofo

 

Ana Pérez Davila, activista do movemento veciñal de Vigo

 

Xabier Pérez Igrexas, activista e secretario do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A. 

 

Francisco Xosé Pérez Porto, ceramista

 

Xoán Antón Pérez-Lema, avogado

 

Álvaro Pino, ciclista

 

María Xosé Porteiro, xornalista e escritora

 

Mercedes Queixas Zas, profesora e escritora

 

Carlos Quiroga, escritor, profesor da USC e vicepresidente da AGAL

 

Xabier Quiroga, escritor

 

Celia Recarey, tradutora en Irmás Cartoné

 

Mario Regueira, escritor e crítico literario

 

Elba Rei Martínez, presidenta da Fundación Uxío Novoneira

 

María  Reimóndez, escritora e tradutora

 

Antón Reixa, escritor, músico, produtor e director de cine

 

Rubén Requeixo Ribeira, secretario da 
A. C. Ourense

 

Alfonso Ribas Fraga, director de Laiovento

 

Elia Rico, profesora e presidenta da Sociedade Cultural Medulio de Ferrol

 

Eli Ríos, escritora

 

Manuel Rivas, escritor e xornalista

 

Manuel Roca Cendán, profesor de Economía e activista cultural

 

Virxinia Rodríguez, presidenta de ADEGA

 

Branca Rodríguez Pazos, diplomada en Traballo Social e especialista en servizos sociais e benestar

 

Francisco Rodríguez Sánchez, historiador e crítico literario

 

Marga Romero (Marga do Val), escritora e membro do consello de Administración de Sermos Galiza S. A.

 

Carme Romero Díaz, ceramista

 

Ángeles Saavedra Places, profesora da UDC

 

César Sáenz Castro, matemático, profesor da UAM

 

Francisco Sampedro, profesor e filósofo

 

Cesáreo Sánchez Iglesias, poeta e presidente da AELG

 

Xosé Manuel Sánchez Rei, profesor da UDC

 

Xoán Manuel Sande Muñiz, traballador do SERGAS

 

Bieito Seara, asesor e consultor empresarial

 

Xesús Seixo Fernández, presidente da Fundación Moncho Reboiras

 

María Xosé Silvar (SES), cantautora

 

Xurxo Souto, músico, escritor e membro do consello de Administración de Sermos Galiza S. A. 

 

Alfredo Suárez Canal, profesor de Matemáticas

 

Xosé Manuel Suárez Estévez, secretario do I. E. A. “Mártires de Sobredo”

 

Alfonso Tellado, traballador de Bazán, técnico en PRL e presentador da TVG

 

Anxo Terán Comesaña, presidente da Asociación Correlingua

 

Suso de Toro, escritor e analista político

 

Andrés Torres Queiruga, filósofo e teólogo

 

Xaneco Tubío, luthier e presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos

 

Uxía, cantante, produtora e crítica musical

 

Carlos Valdés, tradutor

 

Vítor Vaqueiro, químico, fotógrafo e historiador da fotografia

 

Iago Varela Martínez, coordinador en Mallando no Android

 

Carme Vidal, xornalista

 

Nel Vidal, departamento de Normalización Lingüística do Concello de Carballo 

 

Marisa Vidal Collazo, profesora

 

Roberto Vilameá Ponte, xerente e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A.

 

Dolores Vilavedra Fernández, crítica literaria e profesora da USC

 

Ignacio Vilar, director e guionista de cine

 

Iria Villar Rodal, enxeñeira técnica agrícola