TESOURADA

Rajoy xa traballa nuns Orzamentos do Estado para 2013 que van ser aínda "máis duros"

A Moncloa prepara as contas para 2013 coa previsión de aumentar os recortes
Rajoy e Feijóo n´A Moncloa
photo_camera Rajoy e Feijóo n´A Moncloa

Aínda que os PGE (siglas en español de orzamentos xerais do Estado) para 2012 non foron polo de agora aprobados e áchanse en pleno trámite parlamentario, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, xa comezou a deseñar as contas para o 2013. Perante o obxectivo do 3% de déficit, estes orzamentos incluirán un recorte "aínda máis duro" que o actual.

Fontes gubernamentais recoñecen a Servimedia esta información, indicando que o Executivo ten xa en mente os orzamentos do ano que vén para reducir aínda máis o gasto público.

Nesta liña, as contas de 2013 serán "peores" que as de 2012, admiten no Executivo, dado que o Estado debe reducir o déficit público desde o obxectivo do 5,3% fixado para este ano ao 3% que a Unión Europea impón ao Estado español para o seguinte exercicio. O Goberno terá que aplicar un axuste de aproximadamente 23.000 millóns de euros para reducir en 2,3 puntos o déficit de España en 2013, o que implicará novos recortes en gasto público que profundarán a política que o PP leva aplicando desde o seu desembarco na Moncloa.

O Goberno é consciente, indican fontes de círculos próximos a Rajoy, de que o verdadeiro esforzo chegará no outono, coa tramitación parlamentaria dos orzamentos xerais para 2013. Antes das vacacións de agosto, dará o primeiro paso coa aprobación do teito de gasto e a presentación do cadro macroeconómico para o vindeiro ano

Na prensa española recoñécese que entre @s ministr@s existe certa preocupación perante os orzamentos de 2013, xa que consideran que será difícil recortar máis do que se fixo nos primeiros meses deste ano. Alegan que os seus respectivos departamentos apenas contan con cartos tras os recortes e que iso fai que case non haxa onde meter unha nova “tesoirada”.

 Hai ministr@s que xa avisan en privado que o 2013 "será peor" porque o Executivo español vai realizar máis axustes sen que a economía se teña recuperado.

O escenario que prevé a Moncloa para 2013 inclúe un estancamento da economía cunha mínima suba do PIB do 0,2% e unha taxa de desemprego do 24,2%.

Comentarios