[Imaxe: Xan Muras]
[Imaxe: Xan Muras]

Unha nutrida representación do tecido social, cultural, político e veciñal, na presentación de ‘O Diario Galego’

3.000 SUBSCRITORAS PARA-UN XORNAL EN PAPEL EN 2019

[Imaxe: Xan Muras]
[Imaxe: Xan Muras]

Persoas do grupo impulsor, representantes de diferentes organizacións e entidades do tecido económico, social, cultural e político do país asistiron ao acto de presentación das liñas básicas do proxecto, un xornal diario, que Sermos Galiza proxecta lanzar en 2019.

Unha nutrida representación do tecido social, cultural, político e veciñal, na presentación de ‘O Diario Galego’
Unha nutrida representación do tecido social, cultural, político e veciñal, na presentación de ‘O Diario Galego’

“Na vida dun país, como na dunha persoa, hai elementos necesarios e outros imprescindíbeis. Ter un espazo comunicativo galego é urxente e necesario. E depende de nós”. Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza, puña así o ramo á súa intervención este sábado no acto de presentación pública de O Diario Galego. Máis de 200 persoas asistiron ao acto. Representantes de diferentes entidades, organizacións e colectivos do tecido social, económico, cultural e político do país arrouparon a presentación do diario que Sermos Galiza proxecta lanzar en 2019.

o diario

Xurxo Souto foi o encargado de presentar o acto. Agradeceu o apoio e compromiso das 175 persoas que integran o grupo impulsor, unha moi nutrida representación do cal estaba presente. “Cinco anos de realidade de Sermos Galiza que agora se expande”, explicou o músico, escritor e membro do Consello de Administración de Sermos, a  reclamar “o dereito a saírmos do rego e montar outro mundo desde o poder das persoas”. Un roteiro no que sitúa o proxecto dun diario galego e en galego.

 

“Celebramos hoxe que todos temos vontade de levar adiante este diario” (María Reimóndez)

 

A intervención dos regueifeiros Lupe e Suso colleu o relevo do artista coruñés. Retranca, sorna, ironía e cultura popular nos repentes que cruzaron entre aplausos e risos das persoas asistentes. Houbo versos para os piques, para a actualidade política, o idioma ou a guerra de sexos; todos eles co humor como marca principal. Tamén, como non, para o proxecto que se presentaba:

 

“Hai que dar a noraboa

E facelo con ledicia,

Que vai saír

O Diario de Galiza”

 

Ou a de

 

“Teño que dicilo en alto

E non para dar a nota

O diario é en galego

Non nos van calar a boca”.

 

O pulo

 

A escritora e tradutora María Reimóndez e a xornalista Tareixa Navaza tomaron a palabra en representación do grupo impulsor do diario. Ambas as dúas destacaron a importancia de facer deste proxecto unha realidade. Importancia para o país, para o xornalismo, para o empoderamento das mulleres e para o conxunto do pobo galego. “É fundamental que teñamos a nosa propia voz. En Galiza temos capacidade para poñer a andar moitas cousas que despois permanecen invisíbeis”, dixo Reimóndez. Unha invisibilidade, engadiu, que O diario galego quer rachar. “Celebrar hoxe que todos temos vontade de levar adiante este proxecto”, resumiu, ao tempo que advogaba por "ser donas da nosa voz" no contexto dun "tempo en que os medios son a voz do seu amo”.

diario galego xoan costa

Tareixa Navaza defendeu “un xornalismo que non nos leve ao val da irreflexión senón a mover montañas” e nel situou a necesidade de O diario galego. Advogou por un proxecto que supere a “enfermidade desta época”, como definiu o xornalismo preso da “inmediatez, a lectura rápida, o protagonismo do titular”. A súa aposta é a de situar no epicentro “os cinco sentidos do xornalismo: “estar, ver, oír, compartir e pensar”.

 

A crise dos medios de comunicación é un síntoma de febleza democrática [...] Queremos un diario para reler, que busque explicacións” (Tareixa Naveza)

 

As cuestións

 

Tomou por último a palabra Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza. Empregou as cinco perguntas básicas do xornalismo á hora de construír as noticias como fío condutor a través do que ir expoñendo o proxecto dun diario galego na rúa para 2019.

o diaro galego muras

Quen?

 

Sermos Galiza dá este paso, ter un diario en galego en 2019, coa experiencia de acumular xa seis anos de experiencia co semanario e o diario en liña. Sermos Galiza naceu como “iniciativa colectiva, tentando servir os intereses de Galiza”. Máis de 900 persoas accionistas, as persoas subscritoras e as empresas anunciantes afortalaron un proxecto que permite marcarse como obxectivo o de ter un diario galego. “Temos a certeza de que podemos levar adiante este proxecto”, manifestou o presidente do Consello de Administración: “dotarnos dun diario que ofereza rigor e análise e ao servizo do pobo galego”.

 

Que?

 

Un equipo de catro persoas traballa no deseño e preparación deste diario que nace para ser “un medio de comunicación nacional, profesional e colaborativo que proporcionará información xeral”. Cunha axenda de país na que teñan presenza e importancia cuestións que non figuran en primeira plana na realidade mediática actual: traballo, cultura, ecoloxía, feminismos, lingua, historia, dereitos e liberdades civís...

 

Xoán Costa anunciou que O diario galego quer achegarse a “un público aberto, implicado” que non se ve reflectido na prensa actual. Un cabeceiro en vertical e unha paleta de tres cores xa marcan a diferenza visual do proxecto, que distribuirá as novas en base a catro módulos (país, mundo, cultura e axenda), evitando así as seccións fechadas dos medios tradicionais.

 

“Van ser 32 páxinas a cor e publicarase de terza feira a sábado. A maiores, os sábados levará encartado un suplemento de fin de semana, Sermos Galiza, con outras 32 páxinas. En total, sairá 258 días

 

Onde?

O diario galego nace no espazo comunicacional galego”, situou Costa. Van ser 32 páxinas a cor e publicarase de terza feira a sábado. A maiores, os sábados levará encartado un suplemento de fin de semana, o actual semanario Sermos Galiza, con outras 32 páxinas. En total, sairá 258 días ao ano. Ademais, haberá edición en liña, que se actualizará no momento nos sete días da semana e que tamén recollerá parte da información que se publique en papel.

regueifa o diario

“Nos vindeiros seis meses non imos aforrar en esforzos para chegar a esas 3.000 persoas” cuxa subscrición garante a estabilidade financeira precisa para afrontar os custos económicos deste proxecto.

 

Cando e como?

 

O diario galego quer estar na rúa en 2019. “Só de se acadar o mínimo de 3.000 persoas subscritoras pasaranse os recibos”, indicou o presidente do consello de administración. O prezo de venda ao público dun número de terza feira a sexta feira será de 1,50 euros. Os sábados, onde as 32 páxinas habituais engádenselle as 32 do suplemento de fin de semana, o prezo será de 2,5 euros.

 

“Aspiramos a lograr un mínimo de 3.000 persoas que se comprometan a se facer asinantes e lograr así a estabilidade financeira precisa os custos deste proxecto”

 

A subscrición anual ao diario galego en papel permite un aforro de 35%, explicou, indicando que tamén existe a opción de subscribirse en PDF.

 

Por que?

 

“Hai necesidade de medios que teñan como referencia Galiza”, indicou Xoán Costa, que situou a desaparición da prensa ne galego no mesmo marco que levou á perda e desaparición de eixos chaves no tecido produtivo. Estar por un medio en galego, aberto, plural, alternativo ao establishment mediático actual é o mesmo que apostar nas galegas e galegos. Que este proxecto calle e sexa realidade “depende só de nós”, resumiu.

 

Dotármonos dun diario que ofreza rigor e análise e ao servizo do pobo galego” (Xoán Costa)

 

Ampla representación

o diario 3

O acto contou cunha nutrida representación de diferentes eidos. Ao comezar o acto, Xurxo Souto nomeou algún deles, como o presidente da Real Academia Galega, Vitor Freixanes; o presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella, de Galiza Sempre, María do Pilar García Negro; da Fundación Manuel María, Saleta Goi e da Fundación Uxío Novoneyra, Uxío Novoneyra, entre outros. Tamén os secretarios xerais da CIG, Paulo Carril, e CUT, Ricardo Castro, así como Omar Ceveira, da executiva de CCOO. Representantes de En Marea, PSdeG, BNG, Compostela Aberta, Compromiso por Galicia e Causa Galiza; así como do mundo da cultura e sociedade, tamén asistiron ao acto

 

Unha frase de Victor Freixanes resumía o sentir dos presentes: “Esta é unha materia pendente que Galiza ten que aprobar: este país necesita un diario así”.