Carme Adán
Carme Adán

"Hai que reinventar o xornalismo desde Galiza e en galego"

CARME ADÁN, CATEDRÁTICA DE FILOSOFÍA

Carme Adán
Carme Adán

Conversamos con Carme Adán, catedrática e profesora de Filosofía no IES Politécnico de Vigo, sobre o proxecto para a saída de O Diario Galego.

"Hai que reinventar o xornalismo desde Galiza e en galego"
"Hai que reinventar o xornalismo desde Galiza e en galego"

Que esperas de O Diario Galego?

 

A posibilidade de ler xornalismo na nosa lingua e en papel.

 

Por que é necesario?

 

Porque estamos nun momento convulso, de moitos cambios. Para entendelo, hai que reinventar o xornalismo desde Galiza e en galego. Precisamos dun medio que achegue as noticias desde unha óptica que non sexa a convencional.

 

Que importancia podería ter O Diario Galego no eido do ensino?

 

Para o ensino, é fundamental poder ter materiais que pensen a realidade desde distintos puntos de vista. Os medios crean opinión e é necesario que haxa puntos de vista que falen desde a realidade galega, e non é un tópico. A axenda cultural dos xornais está feita desde unha óptica que non é desde nin para Galiza. Non falo de algo fechado, senón dun xornalismo que enganche coa xente máis nova, por iso no ensino pode ser unha ferramenta interesante, xa que non é un público adaptado ao papel. Tamén é esencial a presenza da loita feminista nos medios, que adoitan estar máis achegados ao sistema patriarcal que ao feminismo.