Antón Reixa
Antón Reixa

"Espero que se dea un paso máis en renovar a axenda mediática galega"

ANTÓN REIXA, MÚSICO, ESCRITOR, GUIONISTA, PRODUTOR E DIRECTOR DE CINEMA

Antón Reixa
Antón Reixa

Antón Reixa aposta en que se rompa a fenda que hai "entre o alto nivel creativo da Galiza e a pouca información que circula arredor destes novos contidos".

"Espero que se dea un paso máis en renovar a axenda mediática galega"
"Espero que se dea un paso máis en renovar a axenda mediática galega"

Que esperas de O Diario Galego?

 

Non hai ningún medio de comunicación diario en papel que se exprese en galego, así que espero fundamentalmente iso. Espero que se dea un paso máis en renovar a axenda mediática galega.

 

Por que cres que é necesario?

 

Creo que é un síntoma de anormalidade o feito de que non existan medios en papel que se expresen en galego. Será un feito normalizador do galego, co valor simbólico e emblemático que iso ten.

 

Que pegada podería ter a saída de O Diario Galego no eido da creación cultural?

 

Actualmente na Galiza existe unha desproporción entre o inmenso talento creativo que hai, que ademais creceu nos últimos anos, e a pouca información que circula sobre os novos contidos culturais que se están facendo. As novas xeracións son xeracións con moita máis preparación técnica e unha mellor capacidade de desenvolvemento de novos contidos. Ten que romperse esa fenda que hai entre o alto nivel creativo que hai en Galiza e a pouca información que circula arredor destes novos contidos.

 

[Para facer de O Diario Galego unha realidade, necesitamos sumar 3 mil subscricións. Podes sumarte nesta ligazón]