Manuel Bragado
Manuel Bragado

"Espero que O Diario Galego sexa o espazo de referencia que tanto necesitamos"

MANUEL BRAGADO, EDITOR E EX DIRECTOR DE EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

Manuel Bragado
Manuel Bragado

Manuel Bragado, editor e ex director de Xerais, considera que "un medio diario que proporcione información en galego e non mediatizada é imprescindíbel na construción do proxecto de Galiza como país e como nación".

"Espero que O Diario Galego sexa o espazo de referencia que tanto necesitamos"
"Espero que O Diario Galego sexa o espazo de referencia que tanto necesitamos"

Que esperas de O Diario Galego?

 

Gustaríame atopar ese medio de referencia polo que agardar de segunda a sexta feira. Un xornal diario é un referente na vida cotiá dos seus lectores e das súas lectoras, pola confianza que lles proporciona a súa información, polas opinións que xera e recolle e polos ideais á hora de proporcionar ese coñecemento. Espero que sexa un espazo de referencia que tanto necesitamos en galego, e do que carecemos.

 

Por que é necesario?

 

É necesario non só polo feito de que non exista outro diario alternativo, senón porque hoxe en día o sistema que move a lectura galega está fanado se non conta cun medio referencial, sexa impreso ou dixital. Non abonda só cos medios electrónicos cos que contamos nin abonda cun semanario impreso. É necesario un medio diario que tanto nun soporte como noutro nos proporcione información en galego que non estea mediatizada. É un medio imprescindíbel tamén na construción do proxecto de Galiza como país e como nación.

 

Que importancia podería ter na creación literaria galega?

 

Esencial. Hai que facer posíbel ese ecosistema informativo plural e en galego e que ao mesmo tempo conte cunha información cultural especializada. Entendo que será unha das liñas, eixos centrais, deste proxecto xornalístico. Para o libro galego pode ser unha auténtica trabe de ouro, tanto para os seus lectores e lectoras como para os editores, autores e todo o sistema de mediación que participa del. É unha noticia moi relevante para o noso ámbito.

 

[Para facer de O Diario Galego unha realidade, necesitamos sumar 3 mil subscricións. Podes sumarte nesta ligazón]