Ledicia Costas
Ledicia Costas

"Espero información diaria en clave de país"

LEDICIA COSTAS, ESCRITORA

Ledicia Costas
Ledicia Costas

Falamos coa escritora Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, sobre O Diario Galego.

"Espero información diaria en clave de país"
"Espero información diaria en clave de país"

Que esperas de O Diario Galego?

 

Información en clave de país. Esas son as miñas expectativas para este diario e sei que as vai cumprir. É o que necesita Galiza agora mesmo.

 

Por que é necesario?

 

Somos moitas persoas as que compramos semanalmente o Sermos e que seguimos tamén o dixital. Para min é un dos mellores medios de comunicación que hai actualmente en Galiza. Desa demanda, que fai que o dixital e o semanario queden pequenos, creo que necesitamos un Sermos en papel diario.

 

Que importancia podería ter O Diario Galego no ámbito cultural e na creación literaria galega?

 

Precisamente, o Sermos sempre está pendente da creación literaria en galego. Continuamente hai entrevistas a escritoras e escritores, pezas sobre premios. Ás veces, por desgraza, somos practicamente invisíbeis noutros medios. O Sermos sempre dá conta, co tipo de colaboracións que ten, do que sei fai na literatura, que é o meu campo, pero non só dela, senón de toda a creación cultural que hai. Agradecemos ese papel visibilizador das persoas que escribimos en galego.