Presentación en Viveiro
Presentación en Viveiro

Marín; Vilalba; Monforte; Verín; O Barco; Foz; Sada; Negreira e Vilagarcía, as próximas paradas

PRESENTACIÓNS DE SERMOS O DIARIO GALEGO

Presentación en Viveiro
Presentación en Viveiro

Continuamos dando a coñecer o proxecto para a saída de SERMOS O DIARIO GALEGO. Esta semana visitaremos Marín; Vilalba; Monforte; Verín; O Barco; Foz; Sada; Negreira e Vilagarcía de Arousa.

Marín; Vilalba; Monforte; Verín; O Barco; Foz; Sada; Negreira e Vilagarcía, as próximas paradas
Marín; Vilalba; Monforte; Verín; O Barco; Foz; Sada; Negreira e Vilagarcía, as próximas paradas

Sermos Galiza continúa o seu percorrido ao longo da Galiza para dar a coñecer o proxecto para a saída de SERMOS O DIARIO GALEGO. Até o 31 de xullo, necesitamos sumar 3 mil subscricións (non se aboará nada até 2019) co fin de facer realidade o diario o ano que vén.

 

Con este obxectivo, e para resolver as dúbidas e recoller suxestións, Sermos Galiza segue a presentar o proxecto por todo o país. Así, o martes, día 26, visitaremos Vilalba da man do IESCHA, ás 20.30 horas na Casa da Cultura, onde intervirán Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA; Darío Xohan Cabana, escritor, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza.

 

Tamén o martes, 26, e ás 20.30 horas estaremos en Marín, convidados pola A.C. Almuinha. O acto terá lugar na Biblioteca Municipal e tomarán a palabra Mariola González, activista cultural; José Antonio Pazos, profesor, e Xoán Colazo, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.

 

O mércores, día 27, ás 20.30 horas visitaremos Monforte convidados pola A.C. Castelao. A presentación será no Centro do Viño da Ribeira Sacra (rúa do Comercio, 6) e intervirán Ramón Rodríguez Vázquez, presidente da agrupación; Lois Dieguez, escritor, e Xoán Costa, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.

 

Á mesma hora, tamén o mércores, decorrerá o acto de Verín, convocado polo Foro Monterrei na Casa da Cultura, onde tomarán a palabra o escritor Alberte Blanco e a membro do Consello de Administración de Sermos Galiza Ruth Reza.

 

O xoves, día 28, ás 20 horas estaremos no Multiusos do Barco de Valdeorras. Un acto que contará coas intervencións de Manuel Agra Vilar, profesor, e Roberto Vilameá Ponte, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza. 

 

Media hora após, o xoves, encetará a presentación de Foz, convocada pola A.C. A Pomba do Arco na Librería Bahía (Avenida da Mariña, 42). Falarán Xabier Grandío, membro da Pomba do Arco; Mónica Pazos, secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, e Xoán Costa, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.

 

O venres ás 20.30 horas comezarán as presentacións de Sada e de Vilagarcía de Arousa. En Sada convoca a A.C. Irmáns Suárez Picallo na Terraza e tomarán a palabra o historiador Manuel Pérez Lourenzo e Xurxo Souto, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza. En Vilagarcía a presentación terá lugar no local do Faiado da Memoria, entidade organizadora, na praza da Ravella, 27, 1º. Falarán Xosé Castro Ratón, activista cultural; Antón Mascato, editor, e María Obelleiro, directora do semanario Sermos Galiza.

 

Ás 21 horas do venres estaremos no Auditorio Vello da Casa da Cultura de Negreira, convidados pola A.C. Afonso Eanes e pola A.C. Os Gazafellos do Val. Intervirán Belén Bouzas, integrante da A.C. Afonso Eanes; Xan Solo, membro da A.C. Os Gazafellos, e Manuel da Cal, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.

 

Os últimos actos de presentación terán lugar en Carnota, o sábado, día 7 de xullo, ás 20 horas no salón de actos do concello, na Laracha, o sábado, 14 de xullo, ás 20 horas no local da Asociación Veciñal O Campo da Feira de Paiosaco.