María Casar
María Casar

"Necesitamos vernos nun diario"

MARÍA CASAR, PRESIDENTA A.C. ERGUEITOS

María Casar
María Casar

Conversamos con María Casar, presidenta da Asociación Cultural Ergueitos, sobre O Diario Galego.

"Necesitamos vernos nun diario"
"Necesitamos vernos nun diario"

Que esperas de O Diario Galego?

 

Un referente para que teñamos unha visión desde nós mesmos, do que está pasando na situación política, económica, social e cultural actual. Necesitamos vernos nun diario.

 

Por que é necesario?

 

Os medios existentes non recollen a nosa realidade, non son plurais nin son o que esperamos os lectores e as lectoras dun medio de información. Está o Sermos semanal pero necesitamos máis, necesitamos medrar como sociedade e como suxeitos da información.

 

Que importancia ou que impulso podería dar O Diario Galego ao tecido asociativo galego?

 

Visibilidade. O traballo asociativo, o traballo do activismo cultural, é un traballo de boca a boca, pero tamén necesitamos reflectirnos no que fan outras asociacións e no que está sucedendo ao longo do país. Precisamos ser visíbeis, existir. A xanela na que podemos mostrarnos debe ser un diario que nos ofreza espazo.