Alberte Blanco Casal
Alberte Blanco Casal

"Se non hai pluralismo na sociedade a través dos medios, seríamos unha sociedade totalitaria"

ALBERTE BLANCO CASAL, ESCRITOR E PROFESOR

Alberte Blanco Casal
Alberte Blanco Casal

Conversamos con Alberte Blanco Casal, escritor e profesor, ao redor do proxecto para a saída de O Diario Galego.

"Se non hai pluralismo na sociedade a través dos medios, seríamos unha sociedade totalitaria"
"Se non hai pluralismo na sociedade a través dos medios, seríamos unha sociedade totalitaria"

Que esperas de O Diario Galego?

 

Espero que sexa capaz de erguerse como unha voz importante dentro do panorama mediático galego, nun momento no que os grandes medios están formando un bloque compacto co resto de poderes. A prensa independente é unha entelequia na actualidade.

 

Por que é necesario?

 

Estamos nun momento delicado desde o punto de vista histórico, cun absoluto amordazamento do sistema mediático. Non hai periódicos que poidan transmitir unha visión obxectiva da realidade nin xornalistas que poidan traballar con liberdade. Se algún destaca de forma especial por manifestar as súas ideas de forma independente é, simplemente, despedido, como está a pasar en moitas cabeceiras do Estado. Que naza un xornal independente e arraigado exclusivamente ao país, fóra dos tentáculos das grandes corporacións económicas e financeiras, é garante de información veraz e pluralismo. Se non hai pluralismo na sociedade a través dos medios, seríamos unha sociedade totalitaria.

 

Que importancia ou que impulso podería dar O Diario Galego no ámbito da creación cultural?

 

Non debemos encasillar a cultura na creación literaria. Estamos nun país no que a cultura propia está silenciada e aparcada. Que haxa un xornal que sexa capaz de dar voz aos creadores culturais é fundamental. A nosa cultura e idioma están en decadencia e precisan de instrumentos que poidan chegar á xente. Hai algunhas cabeceiras dixitais que o fan, pero non son suficientes para chegar ao gran público. O Diario Galego é un reto que ten riscos, pero podería conseguir certa estabilidade sempre que sexa tratado como un proxecto social amplo que chegue a todos os sectores vinculados ao país, ás veces desunidos dentro deste mundo caótico no que vivimos.

 

[Para facer realidade O Diario Galego necesitamos sumar 3 mil subscritoras e subscritores. Podes sumarte nesta ligazón]