Acto de presentación en Mugardos
Acto de presentación en Mugardos

Sete novos actos de presentación de Sermos O Diario Galego esta semana

Acto de presentación en Mugardos
Acto de presentación en Mugardos

Compostela; Narón; Moaña; Ferrol; Lugo; Redondela e Chantada son os próximos lugares que acollerán as presentacións de Sermos O Diario Galego esta semana.

Sete novos actos de presentación de Sermos O Diario Galego esta semana
Sete novos actos de presentación de Sermos O Diario Galego esta semana

Continuamos dando a coñecer o proxecto para a saída de Sermos O Diario Galego, para o que son precisas 3 mil subscricións antes do 31 de xullo. Esta semana, logo do acto que tivo lugar na tarde desta segunda feira en Ourense, recalaremos en Compostela; Narón; Moaña; Ferrol; Lugo; Redondela e Chantada.

 

Convocada pola Asociación Cultural O Galo, a presentación de Compostela terá lugar a cuarta feira, día 20, ás 20 horas no Auditorio do Museo do Pobo Galego. Intervirán Mercedes Espiño, secretaria do Galo; Pilar Bispo, labrega, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza.

 

Tamén na cuarta feira, día 20, e ás 20 horas, decorrerá o acto de Moaña, convocado polo Concello. Terá lugar no salón de plenos e contará coas intervencións de Leticia Santos, alcaldesa de Moaña; Xosé Daniel Costas Currás, poeta, e Xoán Colazo, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.

 

Ademais, a cuarta feira, día 20, presentarase Sermos O Diario Galego en Narón, no Café Teatro (Pazo da Cultura), ás 20.30 horas. Convocado pola Concellaría de Promoción Económica, no acto tomarán a palabra Pablo Villamar, concelleiro de Promoción Económica; Lidia Romero, presidenta da A.C. Xebra, e Nicolasa Castro, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.

 

Na quinta feira, día 21, ás 20 horas, o antigo Hospicio de Ferrol acollerá a presentación do diario. Convocado pola Sociedade Cultural Medulio, no acto intervirán Elia Rico, presidenta de Medulio; Leandro Lamas, pintor e ilustrador; Paula Carballeira, actriz, e Nicolasa Castro, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.

 

Tamén a quinta feira, ás 20 horas, decorrerá a presentación en Lugo, na Casa do Saber. Trátase dun acto convocado polo Clube Cultural/ Cineclube Valle Inclán. Intervirán Carmen Longarela, secretaria do clube; Marica Campo, escritora, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza.

 

Aliás, na quinta feira faremos parada en Redondela da man da Asociación Cultural Alén Nós. A presentación, na que tomarán a palabra Andrés Couñago Laxe, membro da entidade; Elsa Quintas Albores, vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, e Xabier Pérez Igrexas, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza, encetará ás 20.30 horas en Fotografía Cal 3.

 

Fechamos os actos da semana a sexta feira, día 22, ás 20.30 horas na Casa Sindical de Chantada. Convocado pola Asociación de Veciños Torre de Arcos, o acto contará coas intervencións de Olga Otero, membro da asociación; Xosé Lois García, escritor e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza.

 

[Adiouse ás 20.30 horas o acto de presentación de Compostela para facilitar a asistencia á concentración contra o asasinato machista do Porriño, que terá lugar ás 20 horas na Praza 8 de Marzo]