Marta Dacosta
Marta Dacosta

"Precisamos que O Diario Galego visibilice a nosa literatura"

MARTA DACOSTA, POETA

Marta Dacosta
Marta Dacosta

A profesora e poeta Marta Dacosta aposta nun diario que fale "do que nos preocupa ás galegas, que analice a nosa realidade".

"Precisamos que O Diario Galego visibilice a nosa literatura"
"Precisamos que O Diario Galego visibilice a nosa literatura"

Que esperas do O Diario Galego?

 

Un medio que desterre a práctica actual da maioría da prensa escrita de converternos en simples espectadores do que pasa noutros territorios, e sempre dito noutra lingua.

 

Por que é necesario?

 

Considero que é necesario e urxente contarmos cun medio de comunicación que sexa realmente noso, é dicir, que fale de nós, do que nos preocupa ás galegas, que analice a nosa realidade, que utilice en exclusiva a nosa lingua e que dea conta de toda a actualidade do noso país, visibilizándonos tal e como somos.

 

Que importancia ou que impulso podería dar O Diario Galego no ámbito lingüístico e da creación literaria

 

Precisamos este diario que faga do galego a lingua normal de comunicación e que visibilice a nosa literatura.

 

[Podes subscribirte a O Diario Galego nesta ligazón. Precisamos 3 mil apoios para facelo realidade]