Sorteamos unha fin de semana para as subscritoras e subscritores do diario

O 31 DE XULLO FINALIZA O PRAZO

Para agradecer a confianza depositada no proxecto para a saída de O DIARIO GALEGO, Sermos Galiza, S.A. organiza o sorteo dunha fin de semana en Casa Lourán (Monfero) entre as persoas que se subscriban até o 31 de xullo. 

Sorteamos unha fin de semana para as subscritoras e subscritores do diario
Sorteamos unha fin de semana para as subscritoras e subscritores do diario

Sermos Galiza S.A. sortea unha fin de semana (aloxamento e almorzo) en Casa Lourán, unha fermosa casa rural situada en Monfero. Entran no sorteo as persoas que se subscriban a SERMOS O DIARIO GALEGO entre o 1 e o 31 de xullo. O sorteo terá lugar o 16 de agosto.

 

BASES DO SORTEO

 

  1. Entidade organizadora. As presentes bases correspóndense co sorteo organizado por Sermos Galiza S.A., empresa sita na Avenida de Lugo, 2A, Entresollado A, 15702, Compostela, con CIF A-70301510 e enderezo de contacto [email protected]
  2. Data de fin. Participarán no sorteo de maneira automática as persoas físicas que completen a subscrición a SERMOS O DIARIO GALEGO até o 31 de xullo de 2018 ás 23.59h.
  3. Mecánica da promoción e data do sorteo. A cada subscrición seralle asignado un número de catro cifras, a modo de participación. Resultará gañadora a participación que coincida coas últimas catro cifras do sorteo da ONCE do día 16 de agosto de 2018.
  4. Premio. Outorgarase un único premio, consistente no aloxamento nunha fin de semana (2 noites) para dúas persoas na casa rural Casa Lourán, de Monfero, incluíndo almorzo. A data da fin de semana a desfrutar será a convir entre a persoa gañadora e a casa rural.
  5. Notificación á persoa gañadora. O nome da persoa gañadora publicarase nas redes sociais de O DIARIO GALEGO (Twitter e Facebook) o día 17 de agosto de 2018. Ademais, contactarase coa persoa gañadora por teléfono e/ou correo electrónico ese mesmo día. De non recibir resposta nun prazo de 7 días desde a data de celebración do sorteo (16 de agosto), resultará gañadora a persoa co seguinte número de participación. E así sucesivamente.
  6. Cancelación do sorteo. Sermos Galiza SA resérvase o dereito a cancelar o presente sorteo por razóns sobrevidas.
  7. Interpretación. A interpretación destas bases en caso de dúbida corresponde a Sermos Galiza SA.
  8. Participación. A participación neste sorteo implica a aceptación das presentes bases.