Pazo da Pena, en Manzaneda
Pazo da Pena, en Manzaneda

Sorteamos unha fin de semana no Pazo da Pena

ENTRE AS SUBSCRITORAS

Pazo da Pena, en Manzaneda
Pazo da Pena, en Manzaneda

Para agradecer a confianza depositada no proxecto para a saída de O DIARIO GALEGO, Sermos Galiza, S.A. organiza o sorteo dunha fin de semana no Pazo da Pena (Manzaneda) entre as persoas que se subscriban até o 30 de xuño. Quen se subscribiu desde xaneiro tamén entrará no sorteo.

Sorteamos unha fin de semana no Pazo da Pena
Sorteamos unha fin de semana no Pazo da Pena

Sermos Galiza S.A. sortea unha fin de semana (aloxamento e almorzo) no Pazo da Pena, un fermoso estabelecemento rural situado en Manzaneda. Entran no sorteo as persoas que se subscriban a O DIARIO GALEGO até o 30 de xuño (tamén quen se subscribiron desde xaneiro). O sorteo terá lugar o 2 de xullo.

 

BASES DO SORTEO

  1. Entidade organizadora. As presentes bases correspóndense co sorteo organizado por Sermos Galiza S.A., empresa sita na Avenida de Lugo, 2A, Entresollado A, 15702, Compostela, con CIF A-70301510 e enderezo de contacto [email protected]
  2. Data de fin. Participarán no sorteo de maneira automática as persoas físicas que completen a subscrición a O DIARIO GALEGO até o 30 de xuño de 2018 ás 23.59h.
  3. Mecánica da promoción e data do sorteo. A cada subscrición seralle asignado un número de tres cifras, a modo de participación. Resultará gañadora a participación que coincida coas últimas tres cifras do sorteo da ONCE do día 2 de xullo de 2018.
  4. Premio. Outorgarase un único premio, consistente no aloxamento nunha fin de semana (2 noites) para dúas persoas na casa rural “Pazo da Pena” de Manzaneda, incluíndo almorzo. A data da fin de semana a desfrutar será a convir entre a persoa gañadora e a casa rural.
  5. Notificación á persoa gañadora. O nome da persoa gañadora publicarase nas redes sociais de O DIARIO GALEGO (Twitter e Facebook) o día 3 de xullo de 2018. Ademais, contactarase coa persoa gañadora por teléfono e/ou correo electrónico ese mesmo día. De non recibir resposta nun prazo de 7 días desde a data de celebración do sorteo (2 de xullo), resultará gañadora a persoa co seguinte número de participación. E así sucesivamente.
  6. Cancelación do sorteo.Sermos Galiza SA resérvase o dereito a cancelar o presente sorteo por razóns sobrevidas.
  7. Interpretación. A interpretación destas bases en caso de dúbida corresponde a Sermos Galiza SA.
  8. Participación. A participación neste sorteo implica a aceptación das presentes bases.

 

[Podes subscribirte a O DIARIO GALEGO na seguinte ligazón. Lembra que non se che cobrará nada até 2019, unha vez sumemos as 3 mil subscricións necesarias para que o diario en papel vexa a luz]