Imaxe da presentación en Arzúa
Imaxe da presentación en Arzúa

Temos unha cita en Barro, Cambados, Arteixo, As Pontes e Culleredo

PRESENTACIÓNS DE O DIARIO GALEGO

Imaxe da presentación en Arzúa
Imaxe da presentación en Arzúa

Barro, Cambados, Arteixo, Culleredo e As Pontes son os próximos destinos para as presentacións de O Diario Galego.

Temos unha cita en Barro, Cambados, Arteixo, As Pontes e Culleredo
Temos unha cita en Barro, Cambados, Arteixo, As Pontes e Culleredo

Esta segunda feira, 4 de xuño, as presentacións de O Diario Galego recalan en Barro e mais en Cambados. Os dous terán lugar ás 20h30 horas. En Barro, o acto, que convoca a Asociación Cultural Barosa, será no Centro Cívico e contará coas intervencións de Pilar Allegue, profesora da Universidade de Vigo, e María Obelleiro, directora do semanario Sermos Galiza. En Cambados, e convocado pola Mesa pola Normalización Lingüística, o acto desenvolverase en Exposalnés e contará coas intervencións dos escritores Adela Leiro e Ramón Caride e mais de Roberto Vilameá, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.

Esta terza feira, 5 de xuño, a presentación de Arteixo, convocada pola Mesa, terá lugar na Sala de Exposicións do Centro Cívico e Cultural (Paseo fluvial) ás 20h. Intervirán o poeta e mariñeiro Xan Iglesias e o presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza, Xoan Costa. Este mesmo día, a presentación de As Pontes comezará as 20:30h na Casa do Dopeso (r/Rosalía de Castro, 28) e contará coas intervencións da responsábel da Mesa nas Pontes, Mónica da Silva e de Xurxo Souto e Nicolasa Castro, membros do Consello de Administración de Sermos Galiza.

Na cuarta feira, 6 de xuño, Culleredo acollerá a presentación de O Diario Galego ás 19:30h en Vila Melania. O acto, convocado pola Mesa, contará coa intervención da cantautora da localidade Bea "a de Estrella" e con María Obelleiro como directora do semanario Sermos Galiza.

Contamos coa túa presenza para escoitar as suxestións e resolvermos as túas dúbidas.