Esquerda Unida entrega o Goberno de Mugardos ao PP

Juan Domingo De Deus, revalida unha Alcaldía que conseguiu en decembro de 2019 tras unha moción de censura.
Juan Domingo de Deus, alcalde de Mugardos (Foto: PP)
photo_camera Juan Domingo de Deus, alcalde de Mugardos (Foto: PP)

A formación Esquerda Unida (EU) facilitou este sábado que o candidato do PP á Alcaldía do municipio, Juan Domingo de Deus se fixese co bastón de mando.

Os dous concelleiros de EU na corporación decidiron votar pola súa propia candidata Pilar Díaz, unha persoa próxima á líder de Sumar e vicepresidenta do Goberno español, Yolanda Díaz.

Así, De Deus, revalida unha Alcaldía que conseguiu en decembro de 2019 tras unha moción de censura.

Esta moción fora presentada polas 5 edís do PP e as 3 do PSOE o pasado 25 de novembro de 2019.

A moción de censura saíu adiante após realizarse un pleno extraordinario no cal a ex alcaldesa, a propia Pilar Díaz deu conta da súa renuncia á Alcaldía para tratar de frear o cambio. E é que os socialistas propuxeran como unha das condicións para non apoiar a medida que a alcaldesa dese un paso atrás.

Evitan unha Alcaldía Nacionalista

Os resultados do 28-M outorgaron 5 concelleiros 3 ao BNG e ao PsdeG e 2 a EU. 

Con esta decisión adoptada este sábado, EU concede o Goberno aos populares evitando un goberno de BNG e PSdeG que encabezarían os nacionalistas ao se tratar da lista que máis votos obtivo despois da do PP.

Comentarios