Persoal sanitario e usuarias denuncian a "desatención" nos PAC galegos

Os 90 Puntos de Atención Continuada (PAC) que atenden na Galiza de 15 horas ás 8 horas e as fins de semana non dan abasto. O persoal sanitario que atende estes servizos e as persoas usuarias quéixanse de que na maioría deles a dotación de só un ou dous equipos médicos provoca que moitas horas do día "o servizo está fechado". Profesionais da sanidade pública advirten de que a Consellaría tenta "desmantelar" o servizo para "voltar ás gardas localizadas".
PAC da Parda, en Pontevedra (Foto: Nós Diario).
photo_camera PAC da Parda, en Pontevedra (Foto: Nós Diario).
Comentarios