O BNG cualifica de improcedente a petición do Valedor do Pobo de suspender a Lei de Dependencia

Benigno Sánchez visitando unha residencia de maiores
photo_camera Benigno Sánchez visitando unha residencia de idos@s

O Bloque Nacionalista Galego cualifica de totalmente improcedentes as declaracións do Valedor do Pobo, Benigno Sánchez, en que aposta por supender a Lei de Dependencia, pois lembra que a súa función é a de velar precisamente para que as leis se cumpran e non pedir a súa derrogación. O BNG lamenta que Benigno Sánchez confunda o seu papel e converta a súa comparecencia no Parlamento para presentar o informe anual da Insitución nunha toma de partido político, a favor dos recortes e en contra dunha lei que ampara os dereitos sociais de milleiros de persoas.

BNG: A función de Benigno Sánchez é garantir dereitos, non pedir que se derroguen

A formación nacionalista considera moi grave o comportamento do Valedor, quen debería explicar na Cámara o grao de cumprimento do goberno das súas obrigas legais e expor as queixas da cidadanía ao respecto. A función de Benigno Sánchez, reitera o BNG, é garantir dereitos que están amparados por lei ou por normas básicas, non pedir que se derroguen, e de querer facer outro tipo de valoracións deberá cinxilas ao seu ámbito persoal, de opinións privadas, mais nunca no exercicio das súas responsabilidades como Valedor.

Comentarios