suplemento

Reportaxes, entrevistas, pasatempos, axenda... todo o contido cultural xuvenil en 'Xeración Alfa' (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Nace 'Xeración Alfa', revista cultural impresa en lingua galega para a mocidade

'Nós Diario' achegará unha nova publicación todas as terzas feiras de maio.
O caderno 'Máis' recomenda paraxes para gozar do verán e achega reportaxes, relatos, entrevistas e unha completa axenda de eventos e festivais. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Novo verán, nova edición do caderno 'Máis'

O sol de xullo aviva as ganas de lecer, folgar e troular. E para gozar ao máximo do bo tempo, Nós Diario publica Máis, o caderno de verán para sacar o mellor partido a esta época do ano. Coñece as mellores receitas, a axenda dos festivais e as lecturas imprescindíbeis deste verán con Nós Diario

O 'Máis' recomenda paraxes para gozar do verán e achega reportaxes, relatos, entrevistas e unha completa axenda de eventos e festivais.
SOCIAL

Volve 'Máis' para gozar do mellor do verán

O sol de xullo aviva as ganas de lecer, folgar e troular. E para gozar ao máximo do bo tempo, Nós Diario publica Máis, o caderno de verán para sacar o mellor partido a esta época do ano. Coñece as mellores praias da Galiza, roteiros inesquecíbeis, a axenda dos festivais e as lecturas imprescindíbeis deste verán con Nós Diario
As flores comestíbeis e as herbas medicinais terán gran presenza ao longo das diferentes leccións (Foto: Eva Cameán)
SOCIAL

'Nós Diario' achega un completo curso en fascículos para iniciarse na horta na casa

A partir do 1 de abril Nós Diario achega un novo coleccionábel: Mans á terra, formado por 17 fascículos pensados como un completo curso de horta na casa con nocións básicas para poder comezar a cultivar desde cero, e que poderá pór en práctica calquera persoa que o desexar, tanto se ten un terreo no exterior como se vive nun piso.
Do 9 ao 12 de marzo

'Nós Diario' celebra a semana da prensa

Alumnado de toda Galiza prepárase para conmemorar a 'semana da prensa' na escola. Desde a Consellaría de Educación convidan os centros escolares a escoller un día da semana vindeira, entre o 8 e o 12 de marzo, para traballar nas aulas con xornais. 'Nós Diario' súmase a esta celebración co lanzamento do especial 'InFormarNos'.
Capa do suplemento 'Gozar' deste 24 de outubro.
SOCIAL

A castaña e unha chea de maneiras de cociñala, este sábado co suplemento 'Gozar'

O novo número do suplemento Gozar, que atoparás este sábado 24 de outubro nos quiosques xunto con Nós Diario, trae unha chea de ideas para preparar na casa co produto estrela do outono galego: a castaña. ‘Elas, as mulleres do mar’, da chef Lucía Freitas, é un artigo que rende homenaxe ás mariscadoras galegas e ás amas xaponesas que manteñen a tradición destes países. O Ratiño, una xoia dos viños brancos galegos, ou o proxecto Roteirríos de ADEGA que une ríos e persoas, son outras das información que atoparás, nun Gozar en que conversamos con Catuxa Irago, do emblemático Pub Avante de Compostela.

Portada do suplemento 'Producir' do 17 de outubro.
SOCIAL

O suplemento 'Producir' explica canto e como se debe gastar en pensións

O novo número do suplemento Producir, que atoparás este sábado 17 de outubro nos quiosques xunto con Nós Diario, trae interesantes análises sobre o tecido produtivo da Galiza, as subvencións de fondos públicos galegos que levan industrias que non son propias, a necesidade de planificar o alargamento do sistema de pensións ou a banca pública como ferramenta imprescindíbel para o desenvolvemento.
 
Nas áreas urbanas e periurbanas podemos observar facilmente os cirrios e as anduriñas
Nós Diario

Gozando coas andoriñas

Contamos con aves, como elementos da paisaxe, tan cotiás que nin sequera reparamos nelas. Este artigo de Alfredo López é unha das propostas que inclúe 'Gozar', o suplemento de Nós Diario para o deporte que se publica as quintas feiras. 
 
4
Nós Diario

As moedas do reino da Gallaecia

O número 1 do novo suplemento Coñecer achega un artigo asinado por Alexandre Peres Vigo que afonda nunha parte moi importante do noso patrimonio material e documental que continúa fóra da Galiza: as moedas.

libro exposición obxecto (Daniel Río Caxigueiro)
SOCIAL

'Coñecer', o suplemento de Nós Diario sobre historia, memoria, patrimonio e arte, estréase esta terza feira

As moedas do Reino da Galiza, unha pequena conversa-retrato co último militante da guerrilla vivo ou un percorrido polas Ribeira Sacra e as súas xentes, entre as propostas.

Sen titulo
SOCIAL

Un novo número do semanario Sermos Galiza acompaña hoxe o Nós Diario

Capa do suplemento Sermos Galiza.
64 páxinas de xornalismo en galego

Hoxe o Nós Diario vén co novo suplemento semanal Sermos Galiza

Este sábado o Nós Diario está nos quiosques da Galiza xunto co suplemento semanal Sermos Galiza, que toma o nome do anterior semanario, que se reconverte a suplemento para acompañar ao xornal. 
2019050419162316637
12 páxinas sobre o novo medio

O semanario en papel Sermos Galiza incorpora un especial de Nós Diario

O número 345 do semanario en papel Sermos Galiza chegou esta semana aos quiosques e fíxoo acompañado dunha publicación especial sobre Nós Diario, o novo medio que impulsa a empresa e que verá a luz de maneira continuada desde o 2 de xaneiro de 2020.

Colexio Campolongo_PontevedraViva
Novo caderno co semanario

"Sermos Escola", un intercambio de experiencias no ensino

Co Sermos Galiza 265 publícase un novo caderno que se suma aos bimestrais Comprendermos –da Fundación Moncho Reboiras–, Sermos Adega –de ADEGA– e Somos Galego –da Mesa pola Normalización Lingüística–. Trátase do Sermos Escola, un suplemento da AS-PG que se publicará cada dous meses.

fragmento-de-capa-2
Publicarase a quinta, co número 250

Un especial de 64 páxinas para celebrar o V aniversario de Sermos Galiza

A próxima quinta feira, 15 de xuño, Sermos Galiza celebra o V aniversario e a publicación do número 250 do semanario co lanzamento dun especial ben carregadiño de entrevistas e análises sobre as temáticas fundamentais do país.

capa caderno nota
DESPEDIMOS O SUPLEMENTO ESTIVAL

Arqueoloxía ao vivo

Remata agosto e toca despedir o Caderno de Verán. Farémolo viaxando aos xacementos arqueolóxicos deste verán e con entrevista ao novo frontman de Ataque Escampe. "Menos mal que temos a música. O destino dos filólogos é ser camareiros", dinos Roi Vidal, que substitúe como voz e frontman a Álex Charlón

1977 11 11 vigo pacto moncloa manifestacion fotos256
ESTA QUINTA FEIRA, NOVO SUPLEMENTO DE SERMOS GALIZA

“Comprendermos”, pensamento para o debate e a acción

Esta semana Sermos Galiza estrea un novo suplemento en parcería coa Fundación Moncho Reboiras coincidindo co 40 aniversario do SOG. A quinta feira 30 de abril, o Sermos sairá á rúa con 48 páxinas.