Víctor Freixanes

Francisco Fernández del Riego. (Foto: RAG)
CULTURA

O Ano Francisco Fernández del Riego comeza en Lourenzá

A Real Academia Galega estrea a sección dedicada ao homenaxeado.
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. (Foto: Nós Diario)
Galaxia reedita 'A Cidade dos Césares'

Víctor Freixanes: "Todas as miñas novelas son froito dunha reflexión sobre o país"

Galaxia vén de reeditar A Cidade dos Césares, a novela de Víctor Freixanes que relatou a epopea das familias galegas que foron poboar a Patagonia no século XVIII. Historia, mito e literatura únense para desvelar un capítulo pouco coñecido do pasado e para crear unha das grandes novelas históricas da literatura galega.
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. (Foto: Nós Diario)
Relatan...Nós

Víctor F. Freixanes: "Facer literatura é traballar o idioma, recrealo; reconstruír o mundo a través das palabras"

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Fernández Freixanes, prosegue hoxe a colección 'Relatan...Nós' con 'Lucerío no Sar', unha obra que trata de emigración, mais tamén do volframio e da realidade da aldea galega no século pasado. 'Nós Diario' conversa con Freixanes sobre os históricos vencellos entre xornalismo e literatura e a súa presenza hogano nos medios.

As fillas de Florencio Delgado Gurriarán visitando a RAG (Foto: RAG).
CULTURA

A Real Academia recibe as fillas de Gurriarán na súa sede

Convidadas pola Real Acadamia Galega (RAG), Maruxa, Celia e Carmiña Delgado Teixeiro, fillas de Florencio Delgado Gurriarán, visitaron a súa sede na Coruña.
Iglesias, Freixanes, Gil Arias e Do Val, no decorrer do acto da RAG. (Foto: Nós Diario) #rag #xelaarias #letrasgalegas
CULTURA

A Xela "loitadora que se espiu na escrita" gaña espazo na axenda da RAG

O simposio sobre Arias achega a autora "temeraria" ao público. Aliás da xornada decorrida esta quinta feira, están previstos novos relatorios organizados pola Real Academia Galega os días 18 e 25 de novembro.
Un rapaz ás portas do colexio no inicio curso escolar (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
LINGUA

Freixanes insta os poderes políticos a rematar coa discriminación do galego no ensino

O presidente da Real Academia Galega insta os poderes políticos e a sociedade no seu conxunto a reflexionar sobre a presenza do galego nas escolas
Imaxe dunha das reportaxes do semanario. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Sermos Galiza analiza que foi do 15-M após unha década

O suplemento deste sábado tamén inclúe propostas de arquitectura e cociña e fala co reelixido presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, de diversos temas. Procura o 'Sermos' co teu 'Nós Diario' de mañá nos puntos de venda habituais para ler todos os contidos.
Víctor Freixanes. Foto Estevoaei
star
Entrevistas

Víctor Freixanes: "Temos que conseguir que o galego estea presente como lingua de uso nas cidades"

O pasado sábado 24 de abril, Víctor Freixanes foi reelixido como presidente da Real Academia Galega. Declara que a institución ten dereito a erixirse nun espazo de reflexión e de crítica construtiva en todo o que se refire á lingua, e destaca que todos os estudos sociolingüísticos coinciden en revelar o fracaso da actual política lingüística. Freixanes (Pontevedra, 1951), profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, xornalista e escritor recoñecido, editor fundamental da historia contemporánea galega (primeiro en Xerais e logo en Galaxia), foi elixido por primeira vez presidente da RAG en 2017.
O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes [Imaxe: Real Academia Galega].
LINGUA

Freixanes, ante os datos de competencia lingüística: "Algo está a fallar, non miremos para outro lado"

O presidente da Real Academia Galega afronta o seu novo mandato co reto de potenciar o uso do galego entre a mocidade. 

As e os académicos que asistiron presencialmente ao pleno, posando tras a sesión (Foto: RAG).
CULTURA

Freixanes é reelixido presidente da Real Academia Galega

Na presentación do seu proxecto para os próximos catro anos, instou a promocionar de forma activa o uso da lingua entre a mocidade.
O escritor Victor Freixanes
CULTURA

Víctor Freixanes, único candidato a presidir a Real Academia Galega

O editor optará á reelección cunha candidatura conformada polo groso do equipo que mantivo durante o catro anos anteriores, no que repetirán Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey e Henrique Monteagudo. A principal novidade será a inclusión da cineasta Margarita Ledo Andión

O historiador Lourenzo Fernández Prieto. (Foto: RAG)
CULTURA

A RAG nomea académico de número o historiador Lourenzo Fernández Prieto

Na sesión tamén se declarou a vacante deixada polo pasamento de Xosé Ramón Barreiro Fernández. Igualmente, deuse por finalizado o mandato de Víctor F. Freixanes e, até que as eleccións dean os seus froitos, o presidente interino será Henrique Monteagudo.
A poeta Xela Arias. (Foto: RAG)
CULTURA

A RAG reivindica a transmisión xeracional do galego

No Día da Lingua Materna, que se celebra hoxe, a Academia partilla o relato escrito por Valentín Arias no que explica a experiencia como nena criada en galego da súa filla, Xela Arias. 

Víctor Freixanes, no centro xunto a Feixoo, no acto central do Día das Letras en Compostela. (Foto: RAG)
CULTURA

Freixanes di que o Día das Letras non se dedica a Carvalho Calero por escoitar “ao conxunto da sociedade”

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, sostén que a institución non podía escoitar só "a un sector da sociedade" e que xa pouco máis ten que dicir do ferrolán, ao que se lle deu máis "atención" que aos protagonistas doutros anos. Así mesmo falou da postura reintegracionista no idioma como a defensa de que "a lingua galega é un dialecto do portugués".
O escritor Victor Freixanes
Cultura

Víctor Freixanes: "É un erro reducir Carvalho á polémica ortográfica, iso oculta a montaña"

A para moitas agardada (e adiada) homenaxe a Ricardo Carvalho Calero chega co Día das Letras Galegas confinado e as celebracións movidas para 31 de outubro. Non son poucas as dúbidas que xorden, entre elas a posibilidade, reclamada por diferentes asociacións e para a que a propia Xunta aprecia argumentos, de prolongar o ano do autor a 2021. O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, comenta con Nós Diario a figura do que foi mestre seu.
"GALIZA TEN UNHA RIQUEZA SUPERIOR NESTE EIDO"

‘Toponimízate’ divulgará os nomes da Terra en 16 localidades galegas

A Real Academia Galega, en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coordina unha iniciativa enmarcada dentro dos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad para a elaboración da información sobre a orixe e o significado dos nomes dos concellos, parroquias e aldeas.

CULTURA

O delegado do Goberno español comprométese ao “financiamento axeitado” da Academia

Unha das demandas históricas da Real Academia Galega, a do seu financiamento, protagonizou a visita do delegado do Goberno español á institución esta terza feira, 25 de xuño. “Comprométome a dar todo o soporte á Academia ante os ministerios para que teña o financiamento axeitado”, expuxo Javier Losada ao rematar o acto.

Luís Faro Ramos e Víctor F. Freixanes, con Henrique Monteagudo, Rosario Álvarez e Filipa Soares [Imaxe: RAG]
Lingua

RAG e Camões anuncian vías de colaboración permanente

Os presidentes da Real Academia Galega e o do Camões Instituto da Cooperação e da Língua acordaron explorar vías de colaboración permanente e avanzaron a posibilidade de celebrar na Galiza un encontro centrado "nas literaturas galega e de expresión en lingua portuguesa".

o fresco foto
Reedición das memorias do Fresco

Testemuño dun burgués que se botou ao monte para defender a liberdade

Era apenas un feixe de papeis de diversa condición: “Notas, retallos, textos escritos a man aproveitando a envoltura de paquetes de tabaco (picadura), mesmo papeletas do referendo do Estatuto de 1936”. Gardaban unha memoria insólita e terríbel, a de Manuel González Fresco, fuxido ao monte na segunda metade de 1936. Con eles, o xornalista Víctor Freixanes compuxo hai 40 anos un título pioneiro, hoxe de culto e reeditado logo de anos fóra das librarías: O Fresco. Memorias dun fuxido (1936) (Xerais).

freixanes niterói
Relatorio na Universidade Fluminense de Niterói

O presidente da Academia defende no Brasil “a irmandade do galego co portugués”

O presidente da Real Academia Galega Víctor Freixanes vén de defender no Brasil a “irmandade” do galego co portugués, na que el percibe unha oportunidade “para gañar proxección exterior”. Fíxoo nun relatorio dentro do I Seminário Internacional para Estudos Linguísticos. Galego e Português: o passado presente da Universidade Fluminense de Niterói.