O SNP racha a coalición de Goberno cos Verdes en Escocia e enfrontará unha moción de censura dos conservadores

“Creo que ao pobo escocés lle convén buscar un acordo diferente”, sostivo a quinta feira o primeiro ministro e líder do Partido Nacional Escocés (SNP), Humza Yousaf, ao facer pública a ruptura cos Verdes, formación coa que os soberanistas gobernan desde 2021, após unha semana de choques pola súa decisión de abandonar o compromiso de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro até 75% a finais da década.

Mentres os Verdes criticaban a súa “covardía política” e que venda “as xeracións futuras”, o Partido Conservador presentou unha moción de censura contra o novo Executivo en minoría do SNP e o Partido Laborista insistiu en que se deben convocar eleccións anticipadas como saída a crise do Goberno escocés.

O primeiro ministro escocés, Humza Yousaf (SNP). (Foto: Andrew Milligan / PA Wire / DPA vía Europa Press)
photo_camera O primeiro ministro escocés, Humza Yousaf (SNP). (Foto: Andrew Milligan / PA Wire / DPA vía Europa Press)
Comentarios