alimentación

Evolución do IPC galego segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (Gráfico: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

A inflación da Galiza, á cabeza do Estado: "Confirma o aumento dos beneficios empresariais no último ano e medio"

Os datos achegados esta terza feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sinalan que a Galiza continúa nunha senda alcista de prezos. No mes de abril, o país marcou unha inflación superior en catro décimas á do Estado español no seu dato interanual.
No sentido das agullas do reloxo: Unha veciña de Ramón Rodríguez colaborando na colleita do pasado ano, caixas de cereixas desa colleita, finca de Sindo González e unha das súas cerdeiras podadas para que medre perto do chan, a segunda feira. (Fotos: Ramón Rodríguez Porto e Sindo González)
star
ECONOMÍA

Chantada concentra 42% da superficie dedicada á cereixa ecolóxica na Galiza

En poucos días comezarán a aparecer nos mercados e tendas as cereixas do país, nun sector no que as de Chantada teñen a maior sona, sobresaíndo a súa produción ecolóxica entre as máis de 5.000 toneladas que se recollen país. Xa o di o refrán: "Maio, xuño, cereixiñas coma puños".

Carmen Martínez, xefa do Grupo Operativo 'Oliveiras da Galiza' (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Carmen Martínez, investigadora do CSIC: "Dispomos do necesario para ter a DO de Aceite da Galiza"

Carmen Martínez é xefa do grupo de viticultura da Misión Biolóxica da Galiza e do Grupo Operativo “Oliveiras da Galiza” que o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) vén de pór en marcha para multiplicar este cultivo no país. Está convencida de que as variedades autóctonas galegas van producir "un aceite único e de calidade".
Porcentaxe de terreos certificados para o seu uso en agricultura ecolóxica na Galiza no ano 2022. (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Cara a onde vai a agricultura ecolóxica en Galicia?

David Soto Fernández é profesor de Historia Económica na USC e membro do Cispac.
Festa do Polbo do Carballiño, en agosto, declarada de Interese Turístico Internacional. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
star
Análise

O comer como un feito cultural

Rafael Quintía é antropólogo
O socialista José Miñóns (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press).
POLÍTICA

Miñóns deixa o Congreso para ser nomeado presidente de Mercasa

Mercasa é unha empresa pública que se encarga da xestión e información da cadea alimentaria.
Voluntarias do Banco de Alimentos nun supermercado Gadis. (Foto: Europa Press)
Agora

Banco de Alimentos busca 600 voluntarias para o Maio Solidario en supermercados Gadis

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo busca máis de 600 voluntarios e voluntarias en Pontevedra para poder desenvolver con éxito a súa acción Maio Solidario, organizada en supermercados Gadis. A pesar de que a campaña decorrerá ao longo de todo o mes de maio, Banco de Alimentos elixiu a primeira fin de semana, o 3 e o 4, para reforzala coa presenza física da chamada "marea azul" –a cor que visten as voluntarias deste proxecto–. Por iso, busca voluntarias e voluntarios que acodan aos estabelecementos , para o cal a asociación recorda que só é necesario dispor de catro horas durante eses días e inscribirse nun formulario habilitado na súa páxina web. En Vigo serán 300 as voluntarias mobilizadas; 75, en Pontevedra; 25, en Baiona, Mos, Tui, Marín, Bueu e Lalín; e 50, en Vilagarcía.
SOCIAL

ENQUISA | Cres que os colexios públicos deben ofrecer un menú vegano?

Familias defenden a opción de que os seus fillos e fillas poidan ter un menú "100% vexetal", abrindo así un debate ao respecto. E ti, que opinas? Cres que os colexios públicos deben ofrecer un menú vegano? Vota na nosa enquisa!

comedor escolar (Europa Press)
Alimentación e Saúde

O DEBATE | Deben ofrecer os centros de ensino públicos galegos a opción de menú vegano?

Familias defenden a opción de que os seus fillos e fillas poidan ter un menú "100% vexetal", abrindo así un debate ao respecto.

Quen se enriquece?

O ministro español de Agricultura, Luis Planas, esta terza feira no Senado (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
Agora

O Executivo español espera pola resposta do agro ás súas medidas

O ministro español de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, reiterou esta terza feira que, en liña co "compromiso" coas explotacións agrícolas e gandeiras, presentou unha proposta "completa e traballada de medidas que dan resposta ás súas preocupacións". Así o fixo en resposta a unha pregunta parlamentaria no pleno do Senado sobre o documento que o Goberno estatal presentou antonte con 43 medidas, entre elas créditos ICO por valor de 700 millóns de euros, o reforzo da AICA (Axencia de información e control alimentarios) para mellorar o cumprimento da Lei de cadea alimentaria ou bonificacións fiscais. Con esta iniciativa, o Goberno estatal pretende dar resposta ás demandas de agricultoras e gandeiras co obxectivo de alcanzar un acordo e pór fin ás mobilizacións do campo. O Executivo español atópase agora á espera dunha resposta por parte das principais organizacións profesionais agrarias do Estado español a este documento. Neste sentido, o ministro apelou a que as forzas políticas dean liberdade a estes colectivos "para xulgar, sen presións de ninguén, o que deben decidir".
Unha lata de mexillóns. (Foto: Nós Diario)
Xustiza

Sentenza pioneira: só os mexillóns con denominación de orixe poden facer referencia á Galiza

A Audiencia da Coruña estima que as latas de mexillóns alleas á DOP con referencias ao país infrinxen a súa exclusiva.
Un home pon combustíbel nunha gasolineira de Ribadeo (comarca da Mariña), en xaneiro de 2024 (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Transporte e cultura súmanse á alimentación para manter alta a inflación

O Instituto Nacional de Estatística (INE) deu a coñecer onte os datos de febreiro do Índice de Prezos de Consumo (IPC). A Galiza continúa por sétimo mes consecutivo cunha maior inflación que o conxunto do Estado español nun mes marcado polo aumento dos prezos no lecer e cultura (1,9%) ademais do transporte (1,6%). 
Mangueira chea de froitos. (Foto: Lionel Vasquez).
star
Análise

Xelea de manga en Caracas

Farruco Sesto é ex ministro de Cultura do goberno venezuelano e militante do Partido Socialista Unido de Venezuela.
Entrega de premios do Santiago(é)tapas (Foto: Concello de Santiago de Compostela).
SOCIAL

Que locais foron premiados coas mellores propostas do Santiago(é)tapas?

O Auditorio da Galiza acolleu esta terza feira o acto de entrega de premios da XV edición de Santiago(é)tapas.
César Otero, de Pizzas do País, traballando co forno de leña portábel (Foto: Nós Diario).
Entrevista

César Otero (Pizzas do País): "Traballar con produtos da terra é máis sinxelo que cos de fóra"

César Otero, co seu negocio, Pizzas do País, aposta por nutrirse dos ingredientes que ten ao seu redor para elaborar o seu produto final.
004
Saúde

Os beneficios da dieta atlántica: reduce "significativamente" o risco de sufrir diabetes e cardiopatía coronaria

Un estudo do IDIS aborda o impacto da dieta na saúde e no medio ambiente.
Un dos tipos de galletas afectadas (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Consumo alerta de presenza de fragmentos metálicos en lotes de galletas con chocolate vendidas en Aldi e Lidl

As empresas distribuidoras retiraron os produtos da venda, e recomendan ás persoas que teñan no seu domicilio os produtos incluídos nesta alerta se absteñan de consumilos.
Arrouñar é morder deixando a pegada dos dentes. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

Palabras con memoria: comendo

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Os produtos do mar lideran as exportacións agroalimentarios. (Foto: M. Arrazola)
ECONOMÍA

O déficit comercial da 'despensa galega' alcanza xa os 1,5 millóns de euros diarios: "Precisamos recuperar a produción propia"

A Galiza gasta máis, bastante máis, en comprar alimentos que o que ingresa pola venda dos seus produtos agroalimentarios ao estranxeiro. O saldo comercial alimentario galego está en números vermellos. Nos primeiros seis meses de 2023 esa balanza foi negativa en 1,5 millóns de euros cada día.