ECONOMÍA
Axudas de até 1.500 euros para autónomos: así podes solicitalas
05/xan./23
O Goberno galego aproba unha liña de axudas directas a negocios dirixidos por persoas autónomas para afrontar a crise de prezos.
A crise do comercio retallista semella non tocar fondo. Só desde setembro de 2021 cesaron na súa actividade 1.405 negocios en todo o país. Ao tempo, consolídase unha caída xeneralizada de emprego no sector.