star
ECONOMÍA
A inflación da Galiza, á cabeza do Estado: "Confirma o aumento dos beneficios empresariais no último ano e medio"
14/maio/24
Os datos achegados esta terza feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sinalan que a Galiza continúa nunha senda alcista de prezos. No mes de abril, o país marcou unha inflación superior en catro décimas á do Estado español no seu dato interanual.