O AECT Rio Minho participa en Uruguai na creación dunha rede de concas hidrográficas transfronteirizas

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho está a participar en Paysandú (Uruguai) nun encontro internacional no cal se formalizará a ‘Rede eurolatinoamericana para a gobernanza transfronteiriza de concas hidrográficas’, unha entidade que pretende facilitar o intercambio de coñecementos e favorecer a cooperación. O deputado de Cooperación Transfronteiriza na Deputación de Pontevedra e director do AECT Uxío Benítez, participou na xornada inaugural en liña.
O AECT Río Miño estivo presente en Uruguai (Foto: Deputación de Pontevedra).
photo_camera O AECT Río Miño estivo presente en Uruguai (Foto: Deputación de Pontevedra).
Comentarios