Luísa Villalta

A alcaldesa, Goretti Sanmartín; a escritora Marga Romero, a concelleira Míriam Louzao e o edil Gonzalo Muíños. (Foto: Concello de Santiago)
CULTURA

Compostela reivindica o uso da lingua e a figura de Luísa Villalta con motivo do Día das Letras Galegas

Na véspera do Día das Letras, o Concello de Santiago sumouse á súa celebración coa lectura por parte dos membros da corporación dunha declaración institucional que reafirma o compromiso de todos os grupos políticos a prol do uso do galego na administración municipal e da súa promoción na sociedade. Durante o acto tamén se recoñeceu a figura de Luísa Villalta coa lectura dunha escolma dos seus poemas.

Festexando a literatura

Xurxo Souto
CULTURA

Xurxo Souto enxalza o papel da comunidade de artistas da Galiza

Emilio Cao foi o receptor do Premio Honorífico da 11ª edición dos Premios Martín Códax da Música
20240515 Mostra Villalta1
LINGUA

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago inaugura a mostra ‘Un canto na procura da luz’ sobre a figura de Luísa Villalta

A mostra inclúe 26 paneis informativos sobre a autora homenaxeada nas Letras Galegas deste 2024 xunto a poemas, videopoemas, caligramas e ilustracións asinados polo alumnado

O necesario

Irina Gruia e Soledad Felloza son as responsábeis do espectáculo 'Tres mulleres na escuridade'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Sole Felloza: "Villalta facía que o seu alumnado namorara do que estaba a ler e sentira paixón pola poesía"

Soledad Felloza (Paysandú, Uruguai, 1974), actriz e dramaturga, é a responsábel, xunto coa violinista Irina Gruia, de 'Tres mulleres na escuridade', un espectáculo no que dialogan con Luísa Villalta. O encontro, musical e poético, chega hoxe á Biblioteca Ánxel Casal (Compostela).
A escritora Luísa Villalta (Foto: Arquivo familiar de Luísa Villalta).
CULTURA

Filoloxía da UDC exporá un manuscrito inédito de 'Os pasos contados'

A mostra ten un texto orixinal do primeiro poemario de Villalta.

As espiñas das poetas

Goretti Sanmartín presentou o programa de actividades con motivo do Día das Letras Galegas.
CULTURA

Santiago celebra o Día das Letras pondo en valor a obra de Luísa Villalta

 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, detallou en rolda de prensa esta e outras iniciativas que terán lugar ao longo da semana das Letras e que inclúen o acto de lectura pública da declaración institucional o 16 de maio, paseos guiados sobre as orixes da lingua ou o recital "Ritos de resistencia".

Luísa Villalta

Mercedes Queixas é profesora, escritora e deputada no Parlamento da Galiza (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Mercedes Queixas, escritora: "Luísa Villalta ten un perfil moi poliédrico, era dona dun coñecemento e saber enciclopédico"

Mercedes Queixas (A Coruña, 1968) é, xunto con Montse Pena, a coordinadora de 'Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luísa Villalta' (Laiovento), unha obra que busca descubrir as arestas da vida e obra da autora. 

Vulgar cabrón

Rafa Villar, Carlos Bernárdez, Luísa Villalta e Manuel Miragaia. Encontro Galeuzca. Andorra, 1996 (Foto: Arquivo X. Carlos Bernárdez).
star
Reportaxes

A poesía de Luísa Villalta: a emoción crítica

A de Luísa Villalta en En concreto foi unha procura lúcida e teimosa, a do segredo da historia colectiva e a do ser íntimo através dunha viaxe aos infernos que é tamén rumbo de fusión da poeta coa Cidade. A imaxe visionaria e a ollada expresionista constitúen claves importantes da singularidade deste libro, unha publicación decisiva no panorama actual da poesía galega.
Luísa Villalta en decembro de 2001 (Foto: Andrés Panaro).
star
Reportaxes

Por fortuna, ás veces non sabemos que nos estamos a despedir: derradeira tarde con Luísa Villalta

Cando alguén querido marcha, á sensación de que afundiu no mar un continente, e nós con el, sucede a aparición dun mundo de illotes a emerxer para que os recordos, náufragos, se aferren ás rochas. A nosa escritora era unha certeza de carne e óso, agora memoria e palabra nada máis. Nada menos.
Montaxe con parte do elenco -fotografado por Víctor Echave- de 'O paseo das esfinxes'. Atrás, Xosé Bonome, Amalia Gómez, Luísa Villalta, 
Rita F. Gasalla e Manuela Varela.  Diante, Pedro Picos, Isabel Blanco, Sabela Hermida, Lino Braxe e Rebeca Montero (Foto: Víctor Echave).
star
Reportaxes

Desde o inicio, o teatro: novas escenas de Luísa Villalta

A lectura da obra 'Os pasos contados' reviste un grande interese xa que amplía o perfil teatral da autora. Ao tempo, o texto achéganos o autorretrato artístico dunha escritora comprometida e involucrada na procura da verdade persoal no proceso de creación.
A escritora Luísa Villalta (Foto: Arquivo familiar de Luísa Villalta).
star
Reportaxes

A descoberta de devir galega: a voz singular de Luísa Villalta

A seguir reproducimos a intervención de María Pilar García Negro proferida no acto de homenaxe a Luísa Villalta organizado na Coruña, no Teatro Rosalía de Castro, por Galiza Cultura, o 6 de Marzo de 2024, no vixésimo aniversario do seu falecemento. Este acto foi o primeiro multitudinario organizado na Galiza e na Coruña na honra e recordación da escritora.
Manuscrito de 'Música reservada' e dedicatoria no seu interior. (Foto: Arquivo da familia Pillado Vega).
star
Reportaxes

Casa aberta: Luísa á luz da amizade

O mellor xeito co que podo contribuír á celebración da obra de Luísa é a través do meu testemuño da súa amizade con Pancho e Noli. Unha amizade sólida e vibrante de vida, fraterna e fecunda, tanto humana como artisticamente. A música das palabras é a arquitectura básica da casa común. Os seus alicerces: o fondo compromiso coa cultura galega. A amizade é unha casa que torna fogar. Talvez sexa quen de cartografar a luz alí compartida...
I Congreso de Cultura Popular e Mariñeira en Corcubión, outubro de 2003, organizado pola AELG. (Foto: Arquivo Ana Romaní)
star
Reportaxes

Estas historias que lemos: a obra narrativa de Luísa Villalta

É Luísa Villalta unha escritora que transitou todos os xéneros literarios: teatro, novela, relato, poesía, ensaio, colaboración xornalística... e digo “É” porque a súa obra segue viva e vital, axudándonos a interpretar o tempo que vivimos, emocionándonos, pero este texto está reservado para aproximar ao lector á súa obra narrativa.
Cea das Letras 2003 no Restaurante Carretas en Compostela. De esquerda a dereita, de pé, David Otero, Euloxio Ruibal, Heidi Kühn Bode, Magdalena Domínguez, Marica Campo, Manoel Riveiro Loureiro, Teresa Seara, muller de Riveiro, Olga Patiño, Marta Dacosta, Miguel Anxo Fernán Vello, Anxo Quintela e Xosé María Álvarez Cáccamo. Sentados ou anicados: Gustavo Valencia, Xoán Xosé Fernández Abella, Avelino Pousa Antelo, Yolanda Castaño, Luísa Villalta, Marga do Val, Rafa Vilar, Pilar García Negro, Carlos López Bernárdez, Rosa Aneiros, Paulino Vázquez e Emma Couceiro. (Foto: Arquivo de Marta Dacosta)
star
Reportaxes

Escribiu para nós: río en herdanza, libro a libro

Solidaria, nacionalista, feminista, comprometida... Participou activamente daqueles anos politicamente axitados e esperanzadores, sabendo que o papel que lle correspondía era o de ser voz do seu tempo, voz que sinala e conciencia. Así escribiu para nós.
Luísa Villalta de adolescente tocando o violín. (Foto: Rafael Villalta - Arquivo familiar Luísa Villalta)
star
Reportaxes

O pretexto da música na obra de Luísa Villalta: a interpretación musical como fonte poética

Xa desde o comezo da súa creación literaria, Luísa serviuse da arte musical como punto de partida ao que referenciar a súa maneira de entender a poesía, e non só: axiña acudiu ao apoio da música como principal recurso técnico para a elaboración tanto da narrativa como da obra dramática ou ensaística.