O Parlamento Escocés valida Swinney (SNP) como novo primeiro ministro tras dimitir Yousaf

24 horas despois de ser confirmado como novo líder do Partido Nacional Escocés (SNP), John Swinney foi elixido a terza feira como novo primeiro ministro de Escocia co apoio das e dos parlamentarios da formación. No seu discurso, incidiu na polarización do lexislativo, aceptando “a miña parte na creación deste ambiente” e comprometéndose a pórlle fin, no que foi a súa primeira intervención como substituto de Humza Yousaf.

Swinney (centro) cos seus precesores, Yousaf e Sturgeon, a terza feira. (Foto: Andrew Milligan / PA Wire / DPA vía Europa Press)
photo_camera Swinney (centro) cos seus precesores, Yousaf e Sturgeon, a terza feira. (Foto: Andrew Milligan / PA Wire / DPA vía Europa Press)
Comentarios