San Martiño Pinario acolle a exposición que conmemora os 55 anos da liturxia en galego

O mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, acollerá até finais de febreiro a exposición 55 anos da liturxia en galego (1969-2024), impulsada pola Editorial SEPT e producida por Merlín Comunicación co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e do Arcebispado de Santiago de Compostela. Inaugurada esta segunda feira, a mostra recolle o percorrido da lingua galega na liturxia nestes 55 anos.
Fachada do mosteiro de San Martiño Pinario, en Compostela. (Foto: Diego Deslo)
photo_camera Fachada do mosteiro de San Martiño Pinario, en Compostela. (Foto: Diego Deslo)
Comentarios