Sábado
Carballo. Praia de Razo. A partir das 9 horas. Festival Sereas e Piratas. É un festival de música pop rock, mais tamén terán o seu espazo obradoiros para crianzas, o surf, o skate e o voleibol-praia. No palco tocarán bandas como The Wave Pictures, Pablo und Destruktion, Sr. Chinarro, Juventud Juché, Músculo! Bifannah, Night Boys, Aries, Chulapos djs e Alberto Schulz dj.
Sábado e domingo
Santo André de Xeve (Pontevedra). XXI edición da Festixeve. Xantar, música, inchábeis e xogos populares. O sábado, a partir das 22 horas, tocarán os grupos Pelepau, Astarot e un DJ; o domingo será a quenda de Fervellos do Pío e Banda Migallas.
Domingo e segunda feira
Compostela. Campus Sul. Festigal. Música, teatro, letras e ideas. Como sempre, a música é o prato forte. Comeza o domingo ás 22.30 horas con Esposa, Poetarras, Kepa Junkera e Sorginak, Birlibirloque e Arrhythmia. Xa a segunda feira 25, no Café Concerto será a quenda de, entre outros, Falua, Aldaolado, Fanfarria e Taquikardia, ben como a Mostra Mundial de Regueifas con nomes como Josinho de Teixeira e Bieito Lobariñas.
Mais non só de música vive o Festigal. A Galería de Letras e Ideas achega debates, presentación de novidades editoria e un espazo de venda, con stands de Pedreira, Sermos Galiza, AGAL e Galaxia. Aquí apresentárase o mesmo 25, ás 17 horas, un libro editado por Sermos Galiza, Mortos por Amor á Terra, de Xosé Ramón Ermida, nun acto no que tamén intervirán o presidente do consello de administración de Sermos, Xoán Costa, e o ensaísta e ex parlamentar do BNG Francisco Rodríguez. Por súa parte, asinarán libros autores como Manolo Rivas (18 horas) e Manuel Iglesias Turnes (19 horas).
As crianzas tamén teñen o seu ponto para a xolda, será no espazo infantil, a partir das 16 horas, con obradoiros, teatro, música e actividades culturais.