Tras o anuncio da presenza de destacadas figuras da escena galega, estatal e internacional como Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, La Pegatina, Narco, Dubioza Kolektik e Talco, entre outros, o cartel do Revenidas gana en intensidade, variedade e pluringüismo cun segundo avance no que sobresae a presenza de El Kanka, un dos músicos españois máis aclamados e solicitados.
O Revenidas -que decorrerá en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) do 12 ao 15 de setembro- tamén acollerá os derradeiros concertos na Galiza de dúas bandas que anunciaron a súa retirada: os cataláns Lágrimas de Sangre e as valencianas Mafalda.
A banda que lidera Évole
Entre os que chegan por primeira a Vilaxoán, ademais de El Kanka, están Los Niños Jesús, a banda que lidera o xornalista Jordi Évole. E tamén se estrearán no parque de Dona Concha os valenciáns La Fúmiga.
De entre os grupos galegos, o Revenidas anuncia a presenza de The Rapants, actualmente o grupo máis en forma na escena galega; Guadi Galego, unha artista que si soa prestixia calquera festival; a música tradicional actualizada de Caamaño&Ameixeiras; e o dúo de hip hop incandescente Vértebras.