A produción industrial galega cae 4,5% en marzo

Deste modo, a produción industrial galega volve a terreo negativo no terceiro mes do ano
A industria manufactureira supón 11,9% do valor engadido bruto da Galiza. (Foto: Nós Diario)
photo_camera (Foto: Nós Diario)

O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) caeu  4,5% interanual na Galiza en marzo, por baixo da media no Estado, onde baixou 11,3%, segundo datos publicados esta cuarta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste modo, a produción industrial galega volve a terreo negativo no terceiro mes do ano após repuntar en febreiro. Isto deixa unha media acumulada nos dous primeiros meses de baixada de 0,7%, oito décimas por riba da media estatal, con 1,5%.

A Galiza foi unha das cinco comunidades con mellor comportamento en comparación co conxunto do Estado, aínda que todas as autonomías pecharon en valores negativos o mes de marzo. De feito, só Castela e León (-1,1%) tivo mellores números que a Galiza.

Por destino económico na  Galiza, sobresae a caída de 26,9% nos bens de equipo, mentres que os bens intermedios tamén presentan unha caída de dous díxitos (-12,1%). Os bens de consumo duradeiro baixaron  6,4%, mentras que os bens consumo fixérono 0,8% e os de consumo non duradoiro,-0,3%.

O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) caeu u11,3% en marzo en comparación co mesmo mes de 2023 no Estado, taxa uns 15,6 puntos inferior á do mes anterior e a súa maior caída desde maio de 2020, en plena pandemia.

Coa caída de marzo, a produción industrial rachacon dous meses consecutivos de alzas interanuais.

Comentarios