Feijoo e Rajoy inician o curso político en Soutomaior con paos aos afectados polas preferentes

Un imponente desplegue de antidisturbios bloqueou, e mesmo realizou cargas, contra grupos de afectad@s que protestaban á entrada do lugar do acto do PP
Foro: @carmenquintela
photo_camera Foro: @carmenquintela

Colectivos de afectadas e afectados polo calote das preferentes xa advertiron que ía ser unha campaña electoral 'movida' pois non ían permitir esquecer ao PP a súa responsabilidade nunha estafa que só na Galiza afecta a perto de 100.000 persoas. Soutomaior, Pontevedra, é o sitio elexido tradicionalmente polo PP para dar inicio ao curso político, e así o fan taméne este 1 de setembro, con Mariano Rajoy e Núñez Feijóo de protagonistas. Máis a presenza de centos de persoas afectadas polas preferentes ás portas do lugar onde o PP ía celebrar o seu acto, obrigou ao PP a cambiar o guión.

Ducias de antidisturbios da Garda Civil fixeron acto de presenza e estableceron un cordón policial, realizando mesmo cargas contra as e os concentrados. As persoas que protestaban levaban pitos e faixas nas que responsabilizaban aos presidentes galego e español de ser cómplices do engano. Cómpre lembrar que no consello de ministros desta sexta, o PP aprobou que a quita poidese chegar ao 70% do investido polas e polos aforradores.

PP, preocupado

No PP recoñecen estar preocupados polos efectos electorais do calote das preferentes, pois dan por sentado quegran parte destes milleiros de persoas non lles van votar, ao responsabilizalos da situación.

Comentarios