A Corte Penal Internacional (CPI) da Haia podería emitir unha orde de arresto contra Bejamin Netanyahu, segundo informacións do xornal local Maariv, citado por RT segundo informou a Oficina do Primeiro Ministro de Israel
Desta maneira, Tel Aviv está a prepararse para recibir as ordes de arresto contra Benjamín Netanyahu,e os seus colaboradores, o ministro de Defensa Yoav Galant e o xefe do Estado Maior das Forzas de Defensa de Israel, tenente xeral Herzi Halevi, por crimes de guerra e acusacións de inanición deliberada que cometeron durante a guerra na faixa de Gaza.
Os informes da Oficina do Primeiro Ministro tamén dan conta de que Netanyahu e o xefe do Consello de Seguridade Nacional de Israel, Tzachi Hanegbi, mantiveron discusións urxentes sobre o tema, após o cal o primeiro ministro comezou unha “maratón” de conversas con xefes de Estado para frustrar tales ordes de arresto.
Así mesmo, a prensa de Israel asegura que “as ordes de arresto emitiranse moi pronto”.
Á luz desta posibilidade, informouse que o ministro de Relacións Exteriores, Yisrael Katz, instruíu ás misións israelís en todo o mundo a prepararse de inmediato para este escenario.
De igual modo, informouse que o fiscal da CPI; Karin Khan, está a levar a cabo unha investigación activa sobre os acontecementos, e mesmo visitou Israel e o cruzamento de Rafah.