Rosalía, ''a intérprete máis veraz dos dramas da Galiza como nación e pobo'', fai 177 anos

A Asociación de Escritor@s en Lingua Galega rendeu culto á poeta nacional no Panteón de Galeg@s Ilustres na véspera no aniversario do seu nacemento, o 24 de febreiro de 1837.


A Asociación de Escritor@s en Lingua Galega organizou este domingo no Panteón de Galeg@s Ilustres un acto para render culto á figura da nosa poeta nacional, Rosalía de Castro, co gallo do 177 aniversario do seu nacemento en Padrón, o 24 de febreiro de 1837.

Mercedes Queixas, secretaria da AELG, considerou o evento como "un acto central" da asociación para reivindicar a vixencia do pensamento e da obra rosaliana. Con este obxectivo, procedeuse á leitura pública dalgúns dos seus textos da cal fixeron parte escritores como Xabier P. Docampo, Anxo Angueira ou a propia Queixas. A coral Solfa puxo música ao evento.

Aliás, a AELG deu tamén leitura ao manifesto redactado polo Día de Rosalía e que este ano escribiu o poeta Carlos Negro. Tamén el lle puxo voz: "Sen renunciar á expresión do íntimoRosalía emerxe como a intérprete máis veraz dos nosos dramas colectivos en canto nación e pobo; mais a súa literatura non se converte nunca nun panfleto de carácter burocrático. Moi ao contrario, é un documento humano escrito con sangue, desde as entrañas, como un espello no que a voz do poeta captura todo aquilo que é digno de ser cantado". 

Máis en Letras e Ideas
Comentarios