Ferrol contará cun memorial en lembranza das vítimas do franquismo

Estará situado no Parque Gaiteiro Antón Varela, en Canido.
Membros da AMHD, nun recente homenaxe a Amada García. (Foto: AMHD).
photo_camera Membros da AMHD, nun recente homenaxe a Amada García. (Foto: AMHD).

A Asociación Memoria Histórica Democrática (AMHD) inaugurará un memorial en recordo das vítimas do franquismo en Ferrol.

O acto terá lugar o próximo sábado, 24 de febreiro, ás 12 horas da tarde, a carón da instalación, no Parque Gaiteiro Antón Varela de Canido.

Trátase dun monumento encargado e sufragado polo Concello de Ferrol, obra "desinteresada" do escultor Manuel Patinha, que destaca por levar gravados os nomes das 904 persoas asasinadas entre 1936 e 1975 nas comarcas de Ferrol, Pontedeume e Ortegal.

"A nosa asociación leva máis de dous anos traballando, na Mesa da Memoria Histórica, co Concello de Ferrol, os Grupos Municiapis, historiadores e un amplo grupo de persoas para que [o memorial] sexa unha realidade", apuntou a AMHD.

Esta concluíu realizando un "chamamento ás compañeiras, compañeiros e á toda a cidadanía" a participar no acto de inuguración do próximo sábado 24. 

Comentarios