A Mesa de Unidade Democrática (MUD), a coalición de partidos opositores, obtivo 110 escanos na Asemblea Nacional nas eleccións do pasado domingo dun total de 167, segundo os últimos datos oficiais. Mentres, o partido do presidente, Nicolás Maduro, obtivo 55 deputados.
Os tres últimos deputados engadidos pertencen ás circunscricións indíxenas, que tamén se sumaron ao cambio proposto pola candidatura opositora. Os dous escanos pendentes de atribución pertencen a unha rexión do Amazonas e ao estado de Aragua.
Este dous escanos máis daríanlle os dous tercios da cámara, co que poderían promover cambios na vixente Constitución de 1999, para designar e destituír autoridades doutros poderes ou para promulgar leis orgánicas.