Paula Carballeira
Paula Carballeira

"Pola experiencia persoal previa co Sermos, teño moitas expectativas neste diario"

PAULA CARBALLEIRA, ESCRITORA, CONTACONTOS E ACTRIZ

Paula Carballeira
Paula Carballeira

Paula Carballeira, escritora, contacontos e actriz, fala con nós ao redor do impulso do proxecto para a saída de O Diario Galego.

"Pola experiencia persoal previa co Sermos, teño moitas expectativas neste diario"
"Pola experiencia persoal previa co Sermos, teño moitas expectativas neste diario"

Que esperas de O Diario Galego?

 

Pluralidade de información, de diferentes puntos de vista, e unha atención especial ao ámbito cultural, que queda moi relegado noutros xornais. Pola experiencia persoal previa co Sermos, teño moitas expectativas e esperanzas postas neste diario. Son lectora en papel máis que en pantalla, e creo que somos multitude a xente que esperamos presenciar o seu nacemento.

 

Por que é necesario?

 

A pesar de vivir na sociedade da información, creo que a información está case sempre enfocada nunha única dirección. Espero que se abran outros camiños, outros puntos de vista e perspectivas.

 

Que lle pode achegar á cultura?

 

Pola miña experiencia virtual previa, o Sermos presta moitísima atención á vida cultural en galego, sobre todo se o comparamos co pouco ou nada de atención que se lle presta noutros xornais e ámbitos. É importante que a xente da cultura apoie este proxecto para poder ter un sitio onde expresarnos con liberdade.

 

[Fai posíbel O Diario Galego sumándote ao proxecto]