O exemplo de Riotorto esténdese, polo de agora na provincia de Lugo e entre concellos gobernados polo BNG. Desde Monforte de Lemos, o seu alcalde, Severino Rodríguez,anunciou que o goberno local vai reservar nos orzamentos municipais para 2014 unha partida para asumir o copagamento farmacéutico.
Rodríguez explica que o Concello traballa xa para determinar "cal será límite de renda de ingresos " para designar os beneficiarios das axuda.
Para o rexedor nacionalista, o que está a facer o PP neste eido supón castigar e multar a persoas con doenzas crónicas, como leucemia, cancro de mama ou ril; polo que o Concello non pode se manter impasíbel. O rexidor ribadense, Suárez Barcia, indicou que ao mesmo tempo que está a dar os pasos para concretar os aspectos da ordenanza que regulará as axudas para os doentes que se atopan nesta situación continuará demandando do partido popular, nomeadamente do presidente da Xunta, que non aplique esta resolución en Galiza, como acontece en Asturias, ou en Castela León. "Até o 31 de decembro, toca a loita para parar os planos do goberno da Xunta", sinalou o rexedor de Ribadeo.
Mais o exemplo de Riotorto tamén vai a máis concellos, como o de Pedrafita (alcalde socialista), que estes días tamén se pronunciou a prol de que o goberno local asuma o copagamento dos doentes crónicos.