O PSdeG propón a Luís Lago Laxe como secretario de Organización

Carmela Silva continúa como presidenta e Ana Penas será a adxunta ao secretario.
Laxe (esquerda), nunha foto de arquivo con Pachi Vázquez. (Foto: PSdeG).
photo_camera Laxe (esquerda), nunha foto de arquivo con Pachi Vázquez. (Foto: PSdeG).

O ex senador lucense Luís Ángel Lago Laxe figura como secretario de Organización na proposta de executiva presentada no Congreso Extraordinario que o PSdeG desenvolve en Santiago de Compostela.

A proposta, da que informaron fontes socialistas e que será votada ao longo da xornada, inclúe que a viguesa Carmela Silva continúe como presidenta da formación e a creación da figura da adxunta ao secretario, da que se encargará Ana Pena, concelleira das Pontes.

Luís Ángel Lago Laxe, mestre licenciado en historia, entrou en 1988 na executiva, e participou en diferentes direccións como responsábel de política municipal, institucional e administración. Foi concelleiro, deputado provincial, senador e presidente da Comisión de Interior do Senado.

Deste modo, a nova dirección do PSdeG estará conformada por un total de 40 persoas, 20 homes e 20 mulleres, e na mesma figuran nomes como o ex ministro de Sanidade, José Miñones; e os ex portavoces parlamentarios Xoaquín Fernández Leiceaga e Luís Álvarez.

Ademais, incorpora a mulleres como Marta Álvarez Santullano, na Secretaría de Relacións Institucionais; e a ex alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, como coordinadora parlamentaria.

Distribución por territorios

Por provincias, por Lugo, ademais do propio secretario xeral e o responsábel de organización, figurarán na executiva socialistas como Lara Méndez (Secretaría de Coordinación do Parlamento da Galiza), César Mogo (Coordinación coas Cortes Xerais), Luís Álvarez (Educación), Roberto Fernández Rico (Desenvolvemento Rural), Patricia Otero (Transportes e Mobilidade Sustentábel), Gloria Prada (Comercio), Teresa Fernández Pérez (Políticas Forestais) e Marta Rouco (Políticas Forestais).

De Ourense integran a nova dirección do PSdeG proposta no Congreso Ramón Alonso López (Reto Demográfico), Margarida Pizcueta (Lingua), Ignacio Gómez (Turismo e Patrimonio), Patricia Domínguez Barja (Emprendemento e Traballo Autónomo), María Fernández Ojea (Función Pública e Xustiza), Margarita Martín (Políticas Sociais e Dependencia), e Celso Fernández López, que ocupará unha secretaría executiva.

Por Pontevedra, ademais da presidenta Carmela Silva, estarán os vigueses Abel Losada (Economía e Emprego) e Ángel Rivas (Estudos e Programas), así como Iria Sobrino (Urbanismo e Dereito a Vivenda), Javier Carballo (Dereitos LGTBI), Bárbara Domínguez González (Galeguidade e Emigración), Digna Rivas (Políticas de Seguridade e Emerxencias), Nicolás González Casares (Política Europea e Transformación Dixital), Julio Torrado (Política Cultural e Formación), Ivan Pontes (Análise e Perspectiva) e Mónica González Conde, que ocupará outra secretaría executiva.

Os coruñeses presentes na executiva serán, ademais de Ana Pena como adxunta á Secretaría de Organización, Julio Abalde (Secretaria de Ciencia, Innovación e Universidade), José Miñones (Sanidade), Silvia Fraga (Igualdade), José Manuel Rodríguez García (Política Municipal), Ángel Mato (Transición Enerxética), José Ramón Romero (Mar e Recursos Mariños), Xoaquín Fernández Leiceaga (Facenda Pública e Autogoberno), Marta Álvarez Santullano (Relacións Institucionais), Noemí Díaz (Medio Ambiente, Sostibilidad e Emerxencia Climática), Nerieda Canosa (Deporte e Políticas SaúdableS) e Mercedes Noceda, que ocupará outra secretaría executiva.

Comentarios