Esta semana comeza na Coruña unha novidosa iniciativa levada a cabo por vez primeira polo Concello de Melide: a degustación de melindres, ricos e amendoados, tres doces tradicionais típicos da comarca, nos restaurantes Nado, Bido e Pulpeira de Melide, todos embaixadores da festa.
Esta iniciativa, levada a cabo por vez primeira, complementa coa acción que comezou a semana pasada en colaboración con ADOS -a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue- consistente no agasallo ás persoas doantes nos autobuses da Axencia, dun paquetiño con ricos de Melide en: 𝗟𝗨𝗚𝗢 (𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗠𝗮𝗶𝗼𝗿) 8 de maio: 9:30 a 14:30 horas. Compostela (𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗥𝗼𝘅𝗮). 8 de maio: 15:30 a 21 horas e 𝗠elide (𝗣𝗮𝗿𝗾𝘂𝗲 𝗥𝗼𝘀𝗮𝗹𝗶́𝗮 𝗱𝗲 𝗖𝗮𝘀𝘁𝗿𝗼, fronte ao centro multiusos e biblioteca municipal). 10 de maio: 10:15 a 14 horas e 16:15 a 21 horas.
Así, esta semana as accións promocionais do Concello de Melide céntranse por primeira vez nos restaurantes coruñeses con chefs embaixadores da festa, como Iván Dominguez, Xoan Crujeiras e Gorka Rodríguez.
Ademais, o sábado 11 ás 20 horas, xa dentro do programa oficial, haberá un Showcooking con concerto + degustación de “mans de autor con produtos da terra de Melide” no Espazo Melindre (praza do Convento) até completar capacidade, a cargo de Gorka Rodríguez, chef e propietario da Pulpeira de Melide, que representa a cuarta xeración dunha saga de polbeiros iniciada hai case 100 anos polo seu avó arrieiro e a súa bisavoa panadeira en Melide. Foi Cociñeiro do Ano de Galiza 2015 e está formado en recoñecidos restaurantes a nivel Mundial: Mugaritz, Noma, ou Celler de Can Roca.
Gorka estará acompañado de Pablo Pizarro, de “La empanada viajera”, e contará coa música en directo da cantautora MJ Pérez.
A trixésimo segunda edición da popular Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional, declarada de Interese Turístico Galego, chegará este ano a Melide (comarca homónima) os días 11 e 12 de maio, con actividades previas xa os vindeiros 15 e 16 de abril