"En serio imos xogar co noso entorno, futuro e saúde por catro pesos? Os que o defenden, están dispostos a vir respirar este aire? 'Altri, Non', que non nos tomen por parvos!". Con esta mensaxe presenta a artista MJ Pérez nas súas redes sociais o tema que vén de compoñer contra o proxecto que a multinacional Altri pretende erguer na Ulloa.
A cantante fala no seu tema, que xa empezou a facerse viral, do "espolio" que afirma que pretende cometer Altri na comarca porque "no país veciño non a queren". "Contamíname", canta MJ Pérez, con retranca.
"Se non me defendo, non me protexes", si, os de arriba, e tanto me dan os partidos (que isto non é fútbol).
— MJ PÉREZ (@chamanmeMJ) March 23, 2024
En serio imos xogar co noso entorno, futuro e saúde por catro pesos? Os que o defenden, están dispostos a vir respirar este aire? #AltriNon Que non nos tomen por parvos! pic.twitter.com/UQLiLQog9S