-Que esperas do O Diario Galego?
-Un medio que desterre a práctica actual da maioría da prensa escrita de converternos en simples espectadores do que pasa noutros territorios, e sempre dito noutra lingua.
-Por que é necesario?
-Considero que é necesario e urxente contarmos cun medio de comunicación que sexa realmente noso, é dicir, que fale de nós, do que nos preocupa ás galegas, que analice a nosa realidade, que utilice en exclusiva a nosa lingua e que dea conta de toda a actualidade do noso país, visibilizándonos tal e como somos.
-Que importancia ou que impulso podería dar O Diario Galego no ámbito lingüístico e da creación literaria
-Precisamos este diario que faga do galego a lingua normal de comunicación e que visibilice a nosa literatura.